15 horas para ver amencer en Cap Creus e gozar do solpor no Cabo Touriñan

Catro moteiros cataláns percorreron 1.324 quilómetros perseguindo o sol desde Cataluña a Galicia.

Por Galicia Confidencial | Muxía | 12/06/2017 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

Poucas veces se viron peregrinaxes tan rápidas como as que acaban de protagonizar catro cataláns. Saían ás 6:15h da mañá, de ver o primeiro raio de sol do día durante o mencer de Cap Creus, e 15 horas (21:35h) e 1324 quilómetros despois, estes peregrinos motorizados disfrutaban do último raio de sol no solpor do Cabo Touriñán.

Apenas 6 paradas, 5 de 10 minutos e unha de media hora para xantar, para completar este desafío ao astro rei. Así explica Pep como nace a aventura. “Aos que nos gusta andar en moto gústanos facer estas cousas. Que máis nos gusta? O sol, non? Pois imos botarlle un reto ao sol e saíu isto. E creo que lle gañamos!”, comenta orgulloso e tremendamente contento de estar na nosa terra.

4 Cataláns moteiros fixeron o traxecto Cap Creus-Cabo Touriñán co sol
4 Cataláns moteiros fixeron o traxecto Cap Creus-Cabo Touriñán co sol | Fonte: QPC

"Dende que entramos en Galicia o sol quíxonos enganar, porque se durante todo o día o tivemos detrás, unha vez en Galicia vai cambiando de posición e non sabes se o vas conseguir. Pero ao final, vaia se mereceu a pena. Ademais foi unha entrada espectacular, porque xusto cando viñamos polo bosque se puxo a chover, pero cando nos achegamos ao Faro abriuse o sol e foi incrible. “Daríalle un 11 á posta de sol de Touriñán”, suliña.

Máis no xornal colaborador QPC

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta