Temas: LGTBI

“O rural galego entende”

Como é a vida das persoas lesbianas, gais, transexuais ou bisexuais nas aldeas? Este é un dos obxectivos do primeiro foro específico sobre esta cuestión en Galicia, que se presenta mañá.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 11/06/2017 | Actualizada ás 21:54

Comparte esta noticia

“O rural galego entende” terá lugar na Casa da Curiscada (Arzúa) o sábado 17 de xuño. Trátase dunha iniciativa do Sindicato Labrego Galego, en  colaboración da Asociación Punto Delas e da Deputación da Coruña. Haberá  diálogos, charlas, debates e obradoiros con membros de colectivos como Ulteria LGTBI, Agrocuir, Nós Mesmas e Vía Campasina.

Algúns dos organizadores do festival agrogay da Ulloa
Algúns dos organizadores do festival agrogay da Ulloa

O evento será presentado este luns en rolda de prensa na sede do SLG en Compostela. Ángel Amaro (sociólogo e activista LGTBI) e María Ferreiro (membro da Executiva do SLG e responsábel da Secretaría das Mulleres) serán os encargados de dar a coñecer os detalles desta pioneira iniciativa. 

Temas: LGTBI
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Invertidosfree

Pues que quieres que te diga... las terneras y las cabras siempre han dado mucho de sí. En tono irónico y presuntamente, como no podía ser de otra manera.