Un estudo científico explica como os eucaliptos limitan a vida nos ríos

Adolfo Cordero, Alba Martínez e Maruxa Álvarez son investigadores do Grupo ECOEVO da Universidade de Vigo. Acaban de publicar un artigo que detalla cientificamente o que xa era un segredo a voces, que as plantacións de eucaliptos diminúen a diversidade e a vida, en concreto dos ríos que as atravesan.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 12/06/2017 | Actualizada ás 11:36

Comparte esta noticia

Os técnicos escriben que a vida nos regatos  depende da materia orgánica que vén dos ecosistemas terrestres, materia que constitúe  o “alimento” das comunidades fluviais- O problema é que as follas de Eucalyptus globulus son de baixa “palatabilidade” para os microorganismos do ecositema do país. A consecuencia é que “se non existen outras achegas de materia orgánica de calidade, os ríos que transcorren por zonas con plantacións de eucaliptos presentarán menor produtividade”.

Zona de estudo no Val do Lérez na que se pode ver como os afluentes da marxe dereita do río discorren completamente entre eucaliptais.
Zona de estudo no Val do Lérez na que se pode ver como os afluentes da marxe dereita do río discorren completamente entre eucaliptais.

Para o artigo, os investigadores avaliaron 16 regatos na conca do Lérez en 2011. A diversidade de macroinvertebrados - base da cadea trófica que alimenta aos peixes- diminuíu a medida que aumentou o solo ocupado por eucaliptais. Polo contrario, canto máis especies do país, e máis tamaño da bacia, máis diversidade.

MEDIDAS PALIATIVAS

Os científicos propoñen, entre outras medidas, plantar máis especies autóctonas nas ribeiras e facer realidade a prohibición -xa incluída na Lei de Montes- de erradicar os eucaliptos das beiras dos regos e regatos. 

Un resumen do artigo foi publicado en CERNA, a publicacións dos ecoloxistas de ADEGA. Os proteccionistas alertan que gran parte das medidas para paliar este problema “non se están a respectar”.

Parte do traballo realizado para este estudo foi financiado por un proxecto do Ministerio debEconomía e Competitividade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta