Galicia pon moita da calidade, pero outros levan a fama e os beneficios

Os galegos estamos moi orgullosos da calidade dos nosos produtos do agro e do mar. Unha fama que a miúdo ten eco a nivel estatal e mesmo internacional. Agora ben, o país está sendo incapaz de trasladar ese prestixio á gran industria alimentaria. No lácteo a situación é especialmente sangrante, pois hai varias marcas foráneas entre as mellores e que envasan leite galego. A nivel global so hai dúas marcas do país que capaces de erguer a cabeza e nin sequera teñen capital propio.

Por M.V. | Madrid | 13/06/2017 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

Kantar Media acaba de presentar a edición deste ano do seu famoso estudo “Brand Footprint”. Das marcas de gran consumo máis elixidas, Larsa -baseada en Pontevedra pero propiedade da asturiana Peñasanta- é a única galega que se cola nun top 10. En concreto, é a segunda marca máis presente na cesta da compra dos galegos.

Top ten de marcas na cesta da compra dos galegos
Top ten de marcas na cesta da compra dos galegos | Fonte: Kantar Media

Por outra parte, os conxelados de Pescanova mantéñense no posto 11 entre as 50 marcas de gran consumo máis elixidas en España. Ademais, a compañía baseada en Vigo -pero cuxo capital hai tempo que non é galego, especialmente tras o concurso de acredores- é a única do sector dos refrixerados que logra colarse entre os favoritos na cesta da compra.

O top ten galego está formado, salvo a citada Larsa, por marcas non galegas e que tamén están presentes nas clasificacións estatais e de varías autonomías:

1.- El Pozo

2.- Larsa

3.- Coca Cola

Infográfico elaborado por Kantar Media sobre as marcas máis famosas por autonomías
Infográfico elaborado por Kantar Media sobre as marcas máis famosas por autonomías

4.- Campofrío

5.- Gallo

6.- Activia

7.- Asturiana

8.- Nestlé

9.- Bimbo

10.- Azucarera

O de Larsa ten máis mérito considerando que hai moi poucas marcas autóctonas que conseguen ser as máis demandadas nas súas autonomías. Tanto só o logran Cruzcampo (8º en Andalucía), Font Natura (10º en Andalucía) e Damm (4º en Cataluña).

Kantar Media é unha das consultoras do mundo con máis prestixio na investigación de mercados.  Cada ano elabora esta clasificación, que é a maior investigación sobre marcas a nivel global.  Emprega un índice, “contacos co consumidor”, que mide variábeis como a porcentaxe de fogares que compran certa marca polo menos unha vez ao ano e número de veces que realizan esa adquisición.

A nivel español os máis destacados son Coca-cola, El Pozo, Campofrío, Asturiana, Activia, Don Simón, Gallo, Danone, Bimbo e Puleva.

Nesta clasificación estatal, chama a atención a presencia de tres marcas de produtos lácteos (Asturiana, Danone e Puleva). Ningunha delas  ten base no país ou está controlada por capital galego, aínda que mercan boa parte do  produto aos gandeiros do país. Por poñer un exemplo, a maioría do leite ecolóxico que comercializa a andaluza Puleva provén de granxas galegas.

Iogur Larsa de Licor Café
Iogur Larsa de Licor Café | Fonte: temposgalegos
Sede do grupo Pescanova en Chapela, Redondela
Sede do grupo Pescanova en Chapela, Redondela
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta