Temas: MúSICA

As Terras de Montes tamén teñen o seu festival

Durante a fin de semana do 15 e 16 de xullo na área recreativa da Freixeira, en Cachafeiro, terá lugar o "DeMonteSound Forcarei - Pontevedra". O paraxe non pode ser máis atractivo: unha contorna no medio da natureza con árbores e antigos muíños restaurados xunto ao río da zona.

Por GC Tendencias | Forcarei | 12/06/2017 | Actualizada ás 14:25

Comparte esta noticia

A organización aposta pola diversidade musical: do rock ao indie, pop, ska, house ou dance, entre outros, e con bandas tributo a grandes artistas do panorama nacional e internacional.

Skandalo GZ
Skandalo GZ

Noite Fechada; a Banda de Gaitas Airiños do Castelo, do C. C. D. Santa Eulalia de Mos; Skandalo Gz; Dj Son1c; Volta e Media, con temas propios xunto a versións de Vetusta Morla, Rosendo, Xoel López, Mando Diao e Iván Ferreiro. Estarán tamén en Cachafeiro O rozamento de Juliette, tributo a Platero e ti, e a Fito e Fitipaldis. Son formacións todas de Galicia, ás que se unen os madrileños Black Back Band, banda tributo a AC/DC; tamén de Madrid chega Carlos Bannik, tributo a Joaquín Sabina; e de Sevilla, Boseando, tributo a Miguel Bosé.

O sábado haberá que pagar entrada, que xa se pode mercar en Ataquilla.com dende só 8 euros. O domingo será de balde.  

Como é habitual, haberá obradoiros en paralelo ás actuacións musicais, actividades infantís e para adultos como talleres de maquillaxe e chapas, inchables, contacontos, paintball ou tiro con arco. Tamén visitas guiadas aos muíños próximos ao río, explicando a súa historia e funcións; postos de comida; talleres de artesanía e ecoloxía; zona de acampada; un mercado; e como novidade, un concurso de imaxe: o deseño gañador será a imaxe da próxima edición, personalizando o merchandising.

Temas: MúSICA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta