Temas: EMPREGO IGAPE

Prazos para solicitar as axudas a emprendedores e autónomos da Xunta

O Goberno Galego informou hoxe que os promotores de novos proxectos poden solicitar ata o próximo día 20 axudas do programa Galicia Emprende. Agora ben, haberá outros dous prazos, a partir do 10 de outubro, respectivamente.

Por GC Emprende | Santiago de Compostela | 12/06/2017 | Actualizada ás 17:41

Comparte esta noticia

Subvencións para a posta en marcha ou consolidación de compañías impulsadas por autónomos e emprendedores. Este é o principal atractivo do programa, cuxa dotación aumentou máis dun 30% respecto o ano pasado. 

Aguilera, director do IGAPE
Aguilera, director do IGAPE

En concreto, apoiaranse proxectos con investimentos comprendidos entre os 25.000 e os 500.000 euros, con axudas cofinanciadas polo Feder que poden cubrir o 35% do investimento no caso das pequenas empresas e o 25% para medianas, priorizando en todo caso o emprendemento industrial. As axudas poden beneficiar tanto a empresas de nova creación como a compañías cunha antigüidade máxima de 42 meses.

O IGAPE estima  que ten fondos para financiar  160 novas empresas con axudas directas que poden chegar ata os 175.000 euros.

Temas: EMPREGO IGAPE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta