Desfeita nun dos últimos castelos que resistiu á doma e castración do Reino de Galicia

A fortaleza da Frouxeira, ultimo reduto do mariscal Pardo de Cela, foi alterada nunha actuación realizada polo Concello de Foz que, segundo Patrimonio, non foi autorizada.

Por Galicia Confidencial | Foz | 13/06/2017 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

“De min a triste Frouseyra  
Que por treyçon foy vendida
   
Derribada na ribeyra
   
Ca jamais se veo vencida”

Torre do Castelo de Castro no Valadouro, unha das residencias do mariscal Pardo de Cela, coa Frouxeira detrás
Torre do Castelo de Castro no Valadouro, unha das residencias do mariscal Pardo de Cela, coa Frouxeira detrás | Fonte: colineta.com

Así recollen as cantigas a triste historia do castelo da Frouxeira, no Concello de Foz, unha das últimas fortalezas en caer en man dos casteláns no que Zorita deu en chamar a "doma y castración del reino de Galicia".

Neste castelo estivo desde principios do 1481 e ata case a súa morte, en decembro do 1483, Pedro Pardo defendéndose bravamente contra as tropas dos Reis Católicos, capitaneadas por Luis de Mudarra e comandadas por Fernando de Acuña, ata que foi traizoado por un dos seus capitáns. Agora este BIC acaba de sufrir unha seria alteración tras o traballo de varias escavadoras sen o permiso de Patrimonio. Máis na web colaboradora Historia de Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Germán

Corrixan o pé de foto, por favor. O castelo do Castro témolo en Alfoz, non no Valadouro, concello veciño. Un saúdo.

2 Mame Kollontai

Esquecestes algunha das estrofas... A ver, por exemplo estas: Vinte e dous foron chamados os que vendido o han non por fame de sustento de carne viño nin pan. Eles quedan por tredores e seu amo por leal pois os Reis a súa filla súas terras mandan dar. Canto máis a leo, máis a entendo... E nunca faltaron en Galicia, quen axudaran a vencer as Frouseiras... De feito, debe de ser do que máis abunda. A historia poñerá a cada un no seu sitio... Agora picádevos, para ver que comedes allos.

1 eusi

Asi actua a PPodremia, e todo ficará en nada grazas á grande PPodremia instalada na Xunta, xulgados e demais institucións que copan grazas aos seus aliados do OppusDei