Aspirantes a Policía Local confirman fraude en Porto do Son

Portodos, un partido independente de Porto do Son, denuncia enchufes en varios exames para contratar traballadores neste municipio. A denuncia está respaldada por varias queixas nas redes sociais publicadas por candidatos que participaron neses procesos.

Por Galicia Confidencial | Porto do Son | 13/06/2017 | Actualizada ás 09:43

Comparte esta noticia

GC tentou contactar co alcalde Luis Oujo para dar a súa versión dos feitos, pero non obtivo resposta. En declaracións á La Voz cualificou de “insulto” as acusacións e dixo que “hai unha normativa e son os funcionarios que os que se encargan de todo o proceso”. Portodos asegura que tres dos catro aprobados teñen relación coas amizades do edil ou son familiares do político.

Luis Oujo
Luis Oujo | Fonte: cnportodoson.es

Un dos exames polémicos é o de auxiliar de Policía Local. Entre as aprobadas hai dúas  persoas ás que, segundo a testemuña doutros candidatos, un membro do tribunal teríalles mostrada as resposta e falado con elas polo baixo durante o exame. Esas candidatas sacaron a mesma nota, 7,868 na proba de coñecementos. 

“Eu fun dos que se apuntou as probas e vin como lles enseñaban as resposta a elas. De feito houbo quen protestou en pleno examen. E que raro que as dúas mulleres que aparecen naslitas teñan a misma puntuación” escribiu Diego Franco León. Outro examinado, Ero Alvariño, asegura que “foi un escándalo”.  Son varios os aspirantes que aseguran que este tipo de prácticas son frecuentes nos concellos de Galicia:

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta