Temas: MONFORTE IMAXE

Deseños de carteis Made in Monforte

As Festas Patronais 2017 de Monforte xa teñen cartel anunciador. Eros Marinho Núñez é o gañador do concurso que recuperou o goberno local o pasado ano.

Por X.M. Fernández | Monforte | 13/06/2017 | Actualizada ás 13:05

Comparte esta noticia

O Alcalde, José Tomé, e a concelleira de Cultura, Marina Doutón, presentaron o deseño que foi seleccionado polo xurado como o mellor de todos. Durante a roda de prensa, o rexedor e a concelleira estiveron acompañados do gañador, Eros Marinho Núñez, que recibirá 1.000 euros de premio. 

Eros Martinho, gañador do concurso de carteis de Monforte de Lemos
Eros Martinho, gañador do concurso de carteis de Monforte de Lemos

“Sempre pensei que sería fantástico chegar por vez primeira a Monforte en plenas Festas Patronais, a través da rúa do Morín, e ver unha atracción de noria e as cores da propia festa e dos fogos artificiais sobre o ceo e, detrás, o conxunto monumental de San Vicente. É unha imaxe na que pensei en máis dunha ocasión e que sería espectacular”. Con estas palabras, Eros Marinho falou de como xurdiu a idea do deseño que presentou ó concurso deste ano, idea que mestura o real co fantástico. 

En canto ao proceso creativo, o gañador explicou que o primeiro que fixo foi fotografiar a rúa do Morín e despois vectorizouna mediante o Adobe Ilustrator, un programa de debuxo vectorial. Para conseguir que a noria fose un elemento de grande impacto visual, Eros empregou unha gama cromática de azuis escuros.

Pola súa parte, o Alcalde, José Tomé, destacou que o concurso para seleccionar o cartel das Festas foi unha actuación que se recuperou o pasado ano 2016; permite a participación a calquera persoa que teña interese en contribuír a divulgar a festa e fai posible que haxa maior aportación de ideas para ter un cartel atractivo e de calidade.

Concurso de carteis

Un total de 19 traballos presentáronse no Concello para participar no XXII Concurso de deseño de carteis das Festas Patronais. A maioría deles foron elaborados por veciños e veciñas de Monforte, en concreto hai 8 traballos da nosa cidade pero tamén chegaron propostas doutras localidades veciñas, como por exemplo do Saviñao.

Ademais participaron artistas doutros concellos galegos. É o caso de Santiago de Compostela, de Lugo, de Teo, de Os Anxeles (Brión), de Tui, Vilaboa e Salcedo (Pontevedra).

Fóra de Galicia o concurso de carteis das Festas tamén espertou interese. Proba diso é que se presentaron dous traballos por parte da mesma persoa de Burriana, en Castellón de la Plana, e outro de Madrid. O xurado estivo estivo constituído polo Xerente de Gadis, un  membro do Colectivo Esparrela, un representante da produtora Amanita Films, Némesis Creaciones e o pintor Antonio Vidal Garea.

Temas: MONFORTE IMAXE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta