As relacións con Portugal, novo enfrontamento entre Xunta e oposición

Nin o presidente, nin ningún conselleiro asistiu ao 25 aniversario do Eixo Atlántico. Un "plante" que En Marea levou xa ao Parlamento ao considerar que se "despreza" as relacións e as cooperación co país veciño. Os desencontros entre a Presidencia e Vicepresidencia da Xunta e o Eixo Atlántico son habituais desde hai meses.

Por Xurxo Salgado | Portugal | 14/06/2017 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

A ausencia do Goberno galego no 25 aniversario do Eixo Atlántico deixoulle todo o protagonismo político aos líderes da oposición. Algúns deles, como Luís Villares ou Lara Méndez mesmo mantiveron un encontro co primeiro ministro portugués, António Costa, sorprendido ante a ausencia dos máximos representantes dos gobernos galegos e español.

Fraga nunha xuntanza da Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal
Fraga nunha xuntanza da Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal | Fonte: Xunta

Pero, a esa xuntanza, que se celebrou a pasada semana en Braga, tamén asistiu o líder de PSdeG, Xoaquín Fernández Leiceaga, ademais de destacados alcaldes galegos e portugueses, como o de Coruña, Xulio Ferreiro, ou Lugo, Lara Méndez, quen tamén conversou con Costa Unha gran presencia galega que contrastou coa ausencia total de representantes institucionais do Goberno galego.

Precisamente, este “desplante” da Xunta foi moi criticado este luns por En Marea. Luís Villares acusaba ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, de "desprezar a Portugal e á Eurorrexión". En rolda de prensa lembraba que a Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal e a colaboración entre ambos os territorios "foi unha estratexia central" de todos os gobernos autonómicos ata a chegada de Feijóo, que "a está abandonando e desmontando".

"É un grave erro", advertiu ao suliñar que este espazo de converxencia co país veciño supón "unha oportunidade" para Galicia, á vez que se mostraba proclive a planificar as infraestruturas e a política industrial galega tendo en conta a situación alén do Río Miño. De feito,  En Marea xa presentou unha pregunta na Cámara galega para saber as razóns desta ausencia.

“Non foron convidados”

“Nin o presidente nin o vicepresidente foron convidados a ese encontro”, xustifican fontes da Vicepresidencia consultadas por GC sobre a ausencia de Feijóo e de Rueda. “Senón fomos convidados, como íamos a ir”, engaden ao tempo que critican que non os chamaran para un encontro ao que acudiu o Primeiro Ministro portugués.

Bandeira de Portugal
Bandeira de Portugal | Fonte: jornaldominho.pt

“É certo, non foron convidados Feijóo e Rueda, pero si Román Rodríguez e José Manuel Rey”, indican fontes do Eixo Atlántico a Galicia Confidencial. Precisamente, o conselleiro de Política Social tiña previsto participar na clausura do encontro, xunto co propio Antonio Costa, tal e como recollía o programa inicial. Sen embargo, no último momento anunciou a súa ausencia. Segundo apuntan desde Política Social esta situación debeuse a a que "tiña un acto de sinatura de convenios con alcaldes da coruña para aorganización de campos de traballo na provincia", segundo o seu gabinete de prensa.

Rey e Rodríguez foron convidados pola súa “estreita” relación co Eixo desde hai anos. O primeiro durante a súa época de alcalde de Ferrol e o segundo como vicealcalde de Lalín. “Decidiuse convidar aos que máis relación tiñan co Eixo e, sobre todo, polos temas que máis se falaron no cumio; educación e políticas sociais”, sinalan as fontes do Eixo Atlántico consultadas.

Ademais da Xunta, ao encontro tamén foron convidados o presidente do Goberno español, Mariano Rajoy, que xustificou a súa ausencia por razóns de axenda, e o ministro de Fomento, Gómez de la Serna, que tampouco foi por unha comparecencia nunha comisión parlamentaria. Con todo, delegou no secretario de Estado de Fomento, Julio Gómez Pomar, que confirmou a súa presencia e mesmo figuraba no programa oficial. Finalmente, unha comparecencia de última hora no Senado obrigouno a cancelar a súa viaxe a Braga.

Diferencias

Este desencontro entre o Eixo Atlántico e a Xunta non é novo. Ven precedido xa de grandes desplantes entre as dúas institucións, a última, na xuntanza da Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal que tivo lugar o pasado mes e á que, formalmente, non foi convidado o Eixo Atlántico, a pesar de ser membro da entidade.

Unha situación que foi moi criticada polo secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao, que, pouco despois, cualificaba de “propagandístico” ese encontro, no que, segundo dixo, non se chegou a “ningún acordo relevante”. “Fraga podía ser como era pero está claro que foi o que máis fixo para promocionar a Galicia no exterior. Hoxe, a acción exterior da Xunta non existe”, indicaba Mao no GC.

Axenda Urbana

Na xuntanza da pasada semana, o Eixo Atlántico referendou en Braga a axenda urbana, documento de planificación estratéxica que establece as prioridades para o desenvolvemento das cidades da Eurorrexión para os proximos 10 anos.

Máis de 250 persoas de todos os sectores da Eurorrexión debateron e achegaron numerosas ideas durante o Congreso celebrado o xoves e venres co obxectivo de conseguir cidades sustentables innovadoras e solidarias que sitúen á Eurorrexión na vangarda do proceso de construción da Europa post crise e post Brexit.

No acto presidido polo primeiro ministro portugués recoñeceuse as aportacións ao proxecto europeo de Jacques Delors, que foi recoñecido xunto con Fernando Gomes e Eneko Landáburu coas medallas do Eixo Atlántico no seu 25 aniversario. Durante o acto de conmemoración dos 25 anos Antonio Costa puxo en valor o traballo do tres homenaxeados e destacou especialmente a importancia de defender a Europa de Delors, un proxecto con valores como a apertura de fronteiras.

Lara Méndez, co primeiro ministro portugués, Antonio Costa, durante os 25 anos do Eixo Atlántico
Lara Méndez, co primeiro ministro portugués, Antonio Costa, durante os 25 anos do Eixo Atlántico
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

1 aforren os cartos.

O eixo atlántico é un chiringuito, eu voto por un alcalde, unha xunta, ou un presidente do goberno, o outro son chupóns que non me representan e que non votei directamente.

1 urco

Potenciar umha comunidade de mais de cinco milhons de persoas que conformam a Galiza e o Norte de Portugal, com evidentes vencelhos linguisticos, culturais e economicos, eh de caixom. Nem todas as entidades politicas (ONU, Conselho de Europa, OCDE... ) som de eleiçom direita, mas necessarias. Se Feijoo prefire ir de ferias pagas a China em troques de cruzar o Minho eh polo seu evidente desleixo polos interesses do Pais.

2 J. ramón

Estou dacordo con que Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular é un chiringuito. Os cidadáns votan aos políticos nas respectivas eleccións. Xa me gustaría saber quenes votaron ao secretario xeral do Eixo Atlántico, señor Mao, para que ocupe este cargo desde o século pasado.

3 Papuxa

Feijóo de ferias coma sempre, non está nin por acción, nin por omisión. Meréceme bastante máis crédito O Sr Mao que o noso "presidentiño", pero como non traga coas rodas de muíño da Xunta do Charrán, pois non interesa. Feijóo so mira para Madridistán.

4 Xoan Vazquez Mao

chupons, chiringuito, son un exemplo de critica politica tolerante e de alto nivel. Si foramos Vascos ou Catalans seríamos unha entidade de referencia e o sistema urbano mellor artellado de Europa. (O calificativo que nos dan fora de eiqui) Coma somos galegos, somos chupons e chiringuitos. É o punto de vista de quenes caparon a accion exterior de Galicia acatando a Lei estatal do Ministro Margallo. O Eixo Atlántico é unha entidade de dereito portugués, sometido a duas auditorías anuales, cun ferreo control das contas que nunca tivo nengun problema nin denuncia nos seus 25 anos de vida. Nin estivo salpicado en punicas, gurteles, e outras trapalladas.

5 Xoan Vazquez Mao

o Secretario xeral do Eixo Atlántico foi electo por unanimidade, por unha asamblea xeral integrada por alcaldes de dous paises e de 5 forzas politicas .Dende a sua elección nunca foi reprobado pola A.X. da que depende e que integran alcaldes de 7 forzas foliticas . Como posto de dirección pode ser cesado pola A.X. cando queira sen nengun tipo de xustificacion. indemnización nin preaviso. exactamente igual que ocurre na Fegamp , ou noutras institucións, A diferencia de Consellos, Fundacións publicas, e outros entes nos que son designados dixitalmente polo Presidente a Xunta . O unico chiringuito do que formei parte foi o Consello Galego de Accion Exterior, invitado pola Xunta actual, ao que renunciei porque era un paripé . Nunca quisen pasar dietas nin recibir un so euro por asistencia á reunions . O digo sin acritude e sin insultar a ninguén, para aclarar as cousas. e ademais o asino co meu nome real sen ocultarme tras nomes ficticios.

6 Qw3g

É un chiringuito, onde a metade dos votos son de Oporto é a seu extraradio, así non hai independencia posible, o mercado natural de Galicia non son 5 millóns de personas no noroeste ibérico, son 400 millóns de europeos sen aduanas..nin chiringuitos.