Primeira empresa galega certificada para o novo sistema do IVE

A entrada en vigor do novo sistema Suministro Inmediato de Información (SII) da Axencia Tributaria é o de xullo de 2017. Enxendra Technologies, primeira empresa galega certificada como colaboradora social para este fin.

Por GC Emprende | Santiago de Compostela | 13/06/2017 | Actualizada ás 18:39

Comparte esta noticia

No día de hoxe, 13 de xuño do 2017, a Axencia Tributaria e Enxendra Technologies asinaron o convenio mediante o cal Enxendra convértese na primeira empresa de Galicia que é colaboradora social da Axencia Tributaria para a subministración electrónica de rexistros de facturación en representación de terceiro, segundo informa a citada compañía nun comunicado.

Cristobal Montoro, ministro de Facenda e polo tanto responsábel da Axencia Tributaria
Cristobal Montoro, ministro de Facenda e polo tanto responsábel da Axencia Tributaria | Fonte: PPCLM

Ser colaborador social autoriza para a presentación por vía telemática de documentación tributaria en representación de terceiros, sendo este un trámite necesario para poder dar o servizo de Subministración Inmediata de Información.  

A Subministración Inmediata de Información é o novo sistema electrónico para a declaración telemática dos libros de rexistro de IVE. Céntrase principalmente na obrigación de declarar electronicamente o detalle das facturas emitidas e recibidas enviando esta información á Axencia Tributaria (AEAT).

Enxendra Technologies é unha empresa especializada en firma dixital, factura electrónica e subministración inmediata de información. Nacida na Coruña, actualmente conta con sedes na Coruña, Madrid e Barcelona, e traballa para grandes marcas como Desigual, Wolters Kluwer, Jazztel ou Grupo Planeta

A solución técnica de Enxendra para a Subministración Inmediata de Información (SII) intégrase facilmente con calquera ERP ou programa de xestión, permitindo ás empresas cumprir cos requisitos do SII cos mínimos problemas posibles.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta