Temas: LIDIA SENRA

Lídia Senra pide en galego en Bruxelas o cumprimento da Carta Europea das Linguas

Lidia Senra tomou a palabra no hemiciclo para denunciar que Xunta, Estado e UE non garanten os dereitos lingüísticos.

Por Galicia Confidencial | Bruxelas | 13/06/2017 | Actualizada ás 18:38

Comparte esta noticia

A eurodeputada galega Lídia Senra, integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), denunciou no Parlamento Europeo que pasado un cuarto de século nin a propia UE, nin o Goberno do Estado nin o galego están a garantir os dereitos lingüísticos que se recollen  na Carta Europea das Linguas Rexionais, Minoritarias ou Minorizadas.

Lidia Senra no Parlamento Europeo
Lidia Senra no Parlamento Europeo

A parlamentaria utilizou o galego, e non o portugués, para criticar “a vulneración sistemática da Carta Europea por parte das autoridades da Galiza e do Estado español” e reclamou a necesidade de que as autoridades competentes, facendo especial fincapé no Goberno da Xunta, derroguen todas as actuacións contra a lingua galega postas en marcha nos últimos anos, entre elas o Decreto do ensino.

“A Xunta e o Estado veñen levando a cabo prácticas que supoñen un desprezo intolerable á nosa lingua así como a vulneración dos nosos dereitos lingüísticos por parte de quen ten a obriga de protexela e poñer os medios para garantir a plena normalización do galego e o seu uso en todos os ámbitos”, dixo Lídia Senra. “Esiximos ao Estado e ás autoridades galegas que respecten e apliquen a Carta Europea das Linguas e instamos ao Parlamento Europeo e ao seu presidente Antonio Tajani a que garanta o pleno recoñecemento da lingua galega nesta Cámara e os dereitos lingüísticos das galegas e dos galegos”, engadiu.

A día de hoxe, o Parlamento Europeo segue sen posibilitar que as eurodeputadas e eurodeputados de nacións sen Estado con lingua propia, ou de lugares con lingua minoritaria, poidan expresarse no seu idioma con normalidade, xa que non se permite que os servizos de interpretación da Cámara realicen as traducións necesarias para que o resto de membros poidan entender o que se está a falar. A iniciativa conxunta de denuncia de onte pola noite na Eurocámara foi secundada por deputados e deputadas de diferentes nacións e supuxo que por primeira vez no que vai de lexislatura se escoitaran intervencións no pleno tamén en vasco e en catalán, por exemplo.

Temas: LIDIA SENRA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 12 comentarios

1 agricultora do parlamentiño

ja-ja... que se marche de deixe de luxar coas nadegas os asientos de eurodeputados, ademáis si marcha aforrariamos os cartos do salario... xa basta de farsas, xa basta de PPodreiros, xa basta de comunecios e expañolentos!!!! LEVAIDEOS!!!! LEVAIDEOS FORA!!!!