Ferreiro entretense xogando coa súa tableta mentres Podemos defende a moción de censura

O alcalde da Coruña foi fotografado xogando no Congreso mentres a portavoz de Unidos Podemos, Irene Montero, abría o debate da moción de censura contra o Goberno de Rajoy.

Por Europa Press / Redacción | Madrid | 13/06/2017 | Actualizada ás 21:35

Comparte esta noticia

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, da Marea Atlántica, foi fotografado este martes na tribuna de convidados do Congreso dos Deputados, en Madrid, xogando coa súa tableta mentres interviña na tribuna a portavoz de Unidos Podemos, Irene Montero, en defensa da moción de censura de Pablo Iglesias.

O alcalde da Coruña, xogando coa súa tableta no Congreso
O alcalde da Coruña, xogando coa súa tableta no Congreso | Fonte: María Jamardo.

Ferreiro é un dos chamados 'alcaldes do cambio' que se desprazaron a Madrid para apoiar ao líder de Podemos no debate da moción de censura ao Goberno de Mariano Rajoy. Na mesma tribuna de convidados estaban tamén os rexedores Pedro Santisteve (Zaragoza), Martiño Noriega (Santiago de Compostela), Jorge Suárez (Ferrol) e o tenente de alcalde de Barcelona, Gerardo Pisarello, entre outros.

Cando interviña no hemiciclo Irene Montero, que pronunciou un discurso de máis de dúas horas para abrir o debate, Ferreiro foi fotografado xogando coa súa tableta. A foto foi difundida nas redes sociais pola empresaria viguesa María Jamardo, que presidiu a partido Sociedad Civil e Democracia (SCD) que fundou Mario Conde.

"Xulio Ferreiro, alcalde de La Coruña, encuentra el discurso de Irene Montero pelín largo... y se ha marcado un 'Villalobos'", chanceou na súa conta de Twitter, lembrando cando se sorprendeu á deputada 'popular' Celia Villalobos xogando ao 'Candy Crush' mentres presidía o Pleno do Congreso e interviña Mariano Rajoy.

O certo é que Ferreiro, a diferenza de Villalobos, non se atopaba no Congreso en calidade de deputado, senón como simple convidado; con todo, si sorprendeu que preferise xogar co seu aparello electrónico que atender ao discurso de apertura do debate de moción de censura a cargo de Irene Montero, portavoz de Unidos Podemos, grupo no que está integrada En Marea.

A foto foi obxecto de numerosos comentarios nas redes sociais e foi destacada en practicamente todos os medios de información do Estado.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 19 comentarios

8 agetas das targetas

O alcaldiño de LLa Coruña, Sulio, xogando como un neno coa tablet simboliza o ninismo infantil da marea do Podemos. Unha forza inútil que so serve de criados dos españolentos. Que razón ten o mareante Mario López Rico, cando dixo onte no twiter que a representación da marea era unha p. mer da e que botaba de menos cando Galiza estaba representada no Parlamento español.

7 Razamondelle

Na moción de censura, con quen está o BNG? Unha pregunta que precisa resposta, debemos saber por quen apostan desde a ortodoxia do nacionalismo galego. Xa sei, non hai deputados do BNG en Madrid, nin se agardan, pero hai militantes, organizacións paralelas, medios e voceiros. Hai opinión e hai influencias, e, polo ben dos galegos, debemos aclararnos: saber onde está o BNG aquí e agora! Pois ben, lembremos que ERC, Compromis e Bildu apoian a moción de censura de Podemos. Con reservas e matices, pero apoian a alternativa de Podemos. Están posicionados contra Raxoi e polo "cambio" que predica Podemos. Até aquí non hai dúbidas: ERC e a Bildu non lles ditan desde Madrid!

1 Razamondelle

Para saber o que opina o BNG podemos escoitar a Ana Pontón (que reprocha a Podemos non apoiar un pacto PsoE-Ciudadanos, con total descaro!), o mesmo que repiten nas redes, e o voceiro oficioso do BNG, o Sermos, por voz do liberado maior, señor Mexuto, insiste, dando por gañador do debate ao ausente Pedro Sánchez ( http://www.sermosgaliza.gal/opinion... ). Confirmado, o BNG aposta pola abstención (e polo PsoE). Se cadra, ando a matinar, igual que as Mareas é unha franquía de Podemos, vai ser que o BNG actúa como unha delegación do PsoE. Impaís!

2 balbino

Miña nai querida canta tontería escrita toda xunta. Primeiro dicir que Xulio estaba de convidado polo que fai o que lle ven en gana no seu tempo de lecer, a noticia e curiosa e punto. A ver meu ben primeiro o BNG non ten representación en Madrid se así fora a situación sería moi diferente a favor de Galiza, Pacto PSOE-Ciudadanos non sería necesario se o voso amado lider non se puxera a repartir sillóns e cargos nas primeiras eleccións. Abstención??? nomea unha soa vez que o BNG facilitou un goberno do PP, nuuuuuuunca inclusive cando supuso perder votos por tragar có lixo do PSOE. A mesma depencia que tivo o BNG do Psoe teñena agora os mareados por que os números non dan, a diferenza e que cando dependeu do BNG o PP non gobernou o que supuxo entregarlle gobernos o PSOE, que farías ti nó caso? deixar gobernar o PP?

3 Ana

Análise certeira a de Razamondelle que fai proer nos amamantados... Certo, o BNG aposta pola lideranza do PsoEspañol! Triste realidade! E grande erro! Pois dese xeito o BNG afortala o nacionalismo españolista, e de sair ben, favorece a un competidor na Galiza (esquecendo que o PsoEspañol está mellor posicionado que o propio BNG), para limitar ou tratar de frear outra competencia (as Mareas de Podemos, mellor posicionadas e que van substituir ao BNG como comodín do PsoEspañol, e seguramente reemprazar ao propio PsoEspañol, ficando estes e o BNG na marxinalidade como muletas de Podemos). A deriva do BNG é imparable! O suicídio está cantado senón hai rebelión contra a capitana e o establishment. Motín ou desfeita!

4 La pastillita loqui

Como molas dandote la razon a ti mismo loquito

5 Mara Kollontai

Tranquilo o bloque non vai ser a nova Galiza non se vende. Entre guatemala e guatepeor seguro que escollian. Sodes tan infantis que unha xa non sabe se rir a cachon ou chorar de pena.

6 O que queda do Bng

Neste medio, cada vez custa menos diferenciar entre o "comentario" dun PePeiro e o dun bloqueiro.

1 Chupito

Xa era raro o liberado da Marea que non saíse con que a culpa é da UPG

2 Candy Candy

Jajajajajajaja la culpa te es del BNG. Poltrona, cubatas, Mejuto.... Caca pedo culo pis.

5 Mame Kollontai

Tranquilos, dun momento a outro descubriremos que estaba dirixindo as manobras de atraque no porto da Coruña dun ultrasupernavío ou de aterraxe no aeroportiño coruñés dun superavión... Mi madriña que nivelaso cando se poñen os das mareas podemos a dar expicacións. A ver, é unha anécdota trivial, tampouco convén sacala de contexto... Só os máis cándidos presupoñen que os políticos están todo o día pendentes dos asuntos da res publica... Este se polo menos se ocupase en gobernar a súa cidade...

1 Failde

A señora é taparrabos mamporreira do BNG ou traballa directamente para o Partido Podre? Chullo Ferreiro non será simpático, eu diría que moitas veces semella un traidor, mais aquí era público convidado da Marea de Podemos (non estaba traballando como alcalde nin como deputado, non queda elegante dedicarse ao xogo, pero tampouco lle podemos esixir, aínda que podía disimular o aburrimiento mellor), agora rematar cun "se polo menos se ocupase en gobernar a súa cidade", recoñecido argumento podre, deixa ver até onde chegou a miseria bloqueira: antes que goberne o Partido Podre que os mareados (que non quitan protagonismo al BNG e nos impiden pactar co PsoEspañol)!!!

2 Mame Kollontai

Polo que eu entendo era un convidado en calidade de alcalde da Coruña, non de cidadán votante de podemos marearnos/xa subiu a marea de podemos/marearhemos mentres podemos... A ver, se eu fose coruñesa non estaría moi contenta coa imaxe que vén de dar e moito menos coas súas explicacións tan puerís. E tampouco se fose a deputada a falar. Se considera que se equivocou que o diga e xa está. E si, non son a única que pensa que deberían dedicarse máis ás súas cidades e menos ás cámaras... Ademais, ultimamente non saen moi favorecidos... Que, aínda estás en haspirante a asesor ou cargo ou xa o es?

3 Mame Kollontai

Por certo, acabo de ler que Xulio pediu desculpas a Irene, o cal amosa o grao de talibancismo que gastades moitos dos seus seguidores... Iso si dá que pensar. En lugar de argumentar, ti que fas? Atacar furioso a quen te contradi con insultos e descualificacións... Eu non querería ser compañeira túa en nada porque ti non argumentas, nin sequera te molestas en tentalo. Triste, meu, moi triste!

4 Bufffff

Es un nuevo cante similar al morreo de PI, o el bebé de la Bescansa. Nadie se puede creer que sabiendo que son observados continuamente, se permita jugar al Candy sin saber que lo van a fotografiar, que va a salir en los medios, etc. Lo más penoso es que estas puestas en escena las hacen porque desprecian a la gente, a la que consideran que en general es básicamente boba.