Temas: LUGO

Lugonovo ten que buscar novo líder

O portavoz municipal renuncia á súa acta de concelleiro en Lugo para reincorporarse ao seu traballo como profesor.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 14/06/2017 | Actualizada ás 14:31

Comparte esta noticia

O portavoz de Lugonovo, Santiago Fernández Rocha, anunciou este mércores que renuncia á súa acta de concelleiro para reincorporarse ao seu traballo como profesor no colexio de Abadín, onde volverá impartir clases a estudantes de quinto e sexto de primaria.

Santiago Rocha foi o voceiro municipal de Lugonovo
Santiago Rocha foi o voceiro municipal de Lugonovo | Fonte: lugonovo.gal

Rocha explicou que obedece a que tomou "a decisión" de non presentarse ás próximas municipais, e faino dous anos despois de ser a cabeza de cartel de Lugonovo en 2015. Esta decisión comunicouna "á organización", segundo comentou, á que trasladou que se reincorpora ao colexio. "E se o estima oportuno que busque a outra persoa para que me substitúa no día a día. Estiven dous anos e agora quero incorporarme con normalidade ao meu posto de traballo", remarcou.

Respecto diso, Fernández Rocha abundou en que vai seguir "de concelleiro mentres non chegue a substitución", pero avanzou que en setembro iniciará o curso escolar en Abadín.

"O feito de que adiantase a xuño a miña renuncia é porque a miña praza sairía a concurso para provisionais se non optase a ela antes e non me parecía procedente que saíse a concurso sabendo que vou volver ao meu posto de traballo", concluíu.

Temas: LUGO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 Eu mesmo

Un que se da conta a tempo de que cos mareados non se pode facer política, Na Coruña devecen por pactar co PSOE e en Lugo vetáronlle pactar co PSOE. En Pontevedra sabotean un goberno nacionalista e de esquerdas apoiando a ENCE-ELNOSA. En Vigo nin están nin se lles agarda...

1 Gamela

en Vigo fóra mellor que nin estiveran... o malo é que mentres se tocan al bolas teñen tempo para BLOQUEAR aos que os criticamos https://twitter.com/search?q=%23Gam... LugoNovo ten o mesmo vicio que MareaVigo NON publicar absolutamente nada que atinxa aos soldos dos Mareantes como levamos denunciado hai máis de 3 meses sen que ninguén responda !!! https://goo.gl/44o7VZ

1 anonimo

Mátame oir falar de revolución a estes terratenentes das prazas de funcionario "en propiedade". Cada un defende a propiedade que máis lle interese. Nin que lle okuparan o piso baleiro de Abadín