Iglesias rende homenaxe a Beiras e abre a porta a unha nova moción de censura

O líder de Podemos atribúe ao nacionalista galego a paternidade da aposta por un Estado plurinacional. En Marea defende o dereito a decidir e o PSOE acepta a luba de Podemos de dialogar para botar ao PP.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 14/06/2017 | Actualizada ás 14:53

Comparte esta noticia

O líder de Podemos aproveitou o seu discurso na moción de censura para render varios homenaxes a figuras da esquerda. Entre elas, Julio Anguita, quen fora líder de Esquerda Unida durante moitos anos, e Xosé Manuel Beiras, quen fora o líder do BNG e ANOVA.

Pablo Igleisias e Xosé Manuel Beiras en Compostela
Pablo Igleisias e Xosé Manuel Beiras en Compostela | Fonte: eldiario.es

Do nacionalista galego, Pablo Iglesias dixo que era unha figura irrepetible da que aprendera a necesidade de concibir o Estado como unha entidade plurinacional.  

RESULTADO DA VOTACIÓN

Modelo de Estado que Podemos agarda poder compartir co PSOE no Goberno. Hoxe no Congreso escenificouse a derrota da moción de censura (170 votos en contra, 82 a favor e 97 abstencións), pero tamén un tímido achegamento entre os de Pablo Iglesias e os de Pedro Sánchez. Así, os socialistas, como anunciaran, non votaron encontra, senón que se abstiveron.

Iglesias ofreceu abertamente ao PSOE liderar un futuro “pacto para botar ao PP do Goberno”. Así, emprazou aos socialistas a comezar a dialogar xa para montaren xuntos outra moción de censura, ante a “urxencia” para expulsar do Executivo ao “partido máis corrupto de Europa”. 

Antón Gómez Reino no Congreso
Antón Gómez Reino no Congreso

POSTURA DO POSE

Dende as bancadas socialistas o cambio de ton do líder de Podemos foi ben recibido, con matices. O portavoz socialista, José Luis Ábalos, recolleu o guante: “agradezo o ton e recollo a invitación, pero a moción de censura non vai prosperar”, dixo. 

Os socialistas non se comprometeron a negociar unha moción de censura pero deixaron a porta aberta, lembrándolle iso si a Podemos que necesitan máis socios para configurar unha maioría.

"Os socialistas somos os primeiros en valorar a necesidade de censurar a este Goberno censurable. E somos os primeiros dispostos a construír maiorías alternativas nesta Cámara, para desmontar a políticas inxustas do PP e para sacar adiante as reformas xustas que reclama a sociedade española. Aí atoparémonos sempre", declarou o seu voceiro.

Os parlamentarios galegos de En Marea votaron a prol da censura. Na súa intervención, o voceiro de En Marea no Congreso, Antón Gómez-Reino, recriminou este mércores no debate da Moción de Censura o suposto abandono de Galicia por parte do Goberno de Mariano Rajoy.

INTERVENCIÓN DE EN MAREA

“Desde En Marea imos censuralo! Pola súa corrupción, pero tamén polas súas políticas, especialmente en Galicia, onde reduciron o investimento máis dun 30% nos últimos orzamentos”, denunciou Gómez- Reino.

O voceiro de En Marea preguntou ao Goberno de Rajoy cal era o seu plan para Galicia. O voceiro de En Marea no Congreso, Antón Gómez-Reino, recriminou este mércores no debate da Moción de Censura a corrupción e o abandono de Galicia por parte do Goberno de Mariano Rajoy.

“Desde En Marea imos censuralo! Pola súa corrupción, pero tamén polas súas políticas, especialmente en Galicia, onde reduciron o investimento máis dun 30% nos últimos orzamentos”, dixo Gómez- Reino.

Sobre o debate de modelo de Estado, o voceiro de En Marea indicou que “Galicia é un suxeito de Cambio. Nós aportamos solucións ao reto plurinacional apostando polo diálogo, a fraternidade e o dereito a decidir”. Velaquí a súa intervención íntegra:

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 35 comentarios

7 Carpeta visible

Grandísima intervención de Tone lembrando que non todo o mundo se pode permitir tantas vacacións en balnearios dos alpes suizos. https://unpaisenlata.wordpress.com/...

6 Pan

Por que interfire no gdr14 a alcaldes de tomiño ata o puntoo de despedir xente e levalo o desastre.mentras j. Blanco ponde mira.....que magoa

5 luva, correxir

luva: peza do vestiario para cubrir a man, xeralmente dedo por dedo.

4 VIVA GALIZA CEIBE

Non o reformismo podreiro, farsante e ladron, non a expaña!!!!! non a expaña!!!!! -VIEIRAS TRAIDOR -VIEIRAS EXPAÑOL - VIDEO DE CATALUNYA - https://www.youtube.com/watch?v=c4s...

3 Abelardo X del Caño Varela

Aparte de masturbaciones públicas al respecto de lo maravillosos que son todos. Puede alguien decirme, en su dialéctica y en su praxis, donde está Galicia? alguien la ha visto por algún lado? Era esto el lado nacionalista de Martiño, Beiras y demás?? postergarnos, como siempre, a la insustancialidad? realmente no merecemos una plaga bíblica que acabe definitivamente con todo el país (habitantes incluidos) hasta desaparecer incluso del recuerdo de los más viejos??

1 Todomira da Frouseira

Ao mellor si... Non? Eu en xeral é que non vexo nada que non sexa levidade na súa dialéctica e na súa praxe e non só en Galicia. Pero culpa miña, por non ver o deslumbrante sol que amence para a esquerda europea por estes lares hispánicos... Ai, va, para a esquerda non, que acabo de caer en que estes son ninis (ni de derechas-ni de izquierdas)... A ver que son un lóstrego de felicidade sideral na converxencia astral das fermosas noites de verán... Que biba a felizidade e a birra fría! A ver, Abelardo, que queres que che diga, eu xa son adulta e pinto canas e teño que ler explicacións puerís do tipo "y tu más"... http://www.galiciaconfidencial.com/...

2 Todomira da Frouseira

http://www.sermosgaliza.gal/opinion... En fin, sempre lles quedará aspirar a un postiño no futuro goberno de Pedro se decide gobernar en coalición con Podemos e os seus aliados rexionais.

3 Balbino Fernández

Kollontai dille algo á Todomira, que te vai adiantar no peloteo e chupar primeiro na mamadurria do BNG. Coñocedesvos verdade? Que ridícula ser escaravello peloteiro e andar cos multinick para despistar inocentes!