Caballero volve xuntar miles de persoas para denunciar o maltrato a Vigo

O alcalde vigués pide a variante do AVE por Cerdedo e denuncia que o Goberno central quere converter a cidade nunha "sucursal ferroviaria" da Coruña e Santiago.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 14/06/2017 | Actualizada ás 23:47

Comparte esta noticia

Máis de 2.000 persoas déronse cita este mércores na Porta do Sol de Vigo para asistir ao concerto da Coral Casabranca organizado polo goberno municipal para esixir o AVE directo Vigo-Madrid por Cerdedo.

Abel Caballero nun concerto en Vigo para reclamar a chegada do AVE por Cerdedo
Abel Caballero nun concerto en Vigo para reclamar a chegada do AVE por Cerdedo | Fonte: EP

A actuación da coral estivo precedida por un breve discurso do alcalde, Abel Caballero, quen criticou que o actual Goberno do PP ten paralizado o AVE a Vigo e pretende que a viaxe a Madrid se faga por Santiago. "Vigo converteríase nunha sucursal ferroviaria da Coruña e Santiago", denunciou.

"Vigo non paga traidores. Nin de dentro nin de fóra. Quere e reclama o que é de xustiza", proclamou o rexedor olívico, quen asegurou que a cidade "non vai parar" ata que consiga esa conexión ferroviaria.

No concerto da Coral Casabranca, ademais do goberno municipal practicamente ao completo, estaba a portavoz do Grupo Popular, Elena Muñoz, e algúns dos seus concelleiros, así como representantes dos sindicatos, a patronal pontevedresa e colectivos sociais, culturais ou cívicos.

"A ÚNICA CIDADE SEN AVE"

Por outra banda, en declaracións aos medios na mañá deste mércores, o alcalde lamentou que este proxecto "tiña que facerse hai 15 anos", en 2002, cando os gobernos do PP "deixaron Vigo fóra dos trazados da alta velocidade". "Agora que o volven a tentar si que levantamos a voz", proclamou, e insistiu en que a cidade "non quere ser a única de España que quede sen AVE".

"Non hai escusas", mantivo Caballero, quen lembrou que o AVE Vigo-Madrid está pendente da declaración de impacto ambiental da variante de Cerdedo, un trámite administrativo "que non ten custo económico" e que leva un atraso de catro anos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

4 anonimo

Una vergüenza lo que hacen con Vigo. Y ahora que frijolito vive en Coruña, pasa del sur. Pues le va a salir caro. Ni de cogna va a recuperar el PP la alcaldía de Vigo, y en la autonómicas le volarán muchos votos. VIGO INDEPE

1 Farta de localismos

Eu quero a INDEPE para a miña leiriña ao lado do río.

3 eusi

Só lle falta ir a Sálvame Limón e chorar por maltrato a alcalde (e pode pedir medidas preventivas como ordes de alonxamento)

2 Cachamuínha

1 Arturo

A variante de Cerdedo ten o incoveniente de que da algo de rodeo para chegar de Ourense a Vigo: sepárase da liña Ourense - Santiago mais ou menos por Irixo, e vai empatar ca liña Coruña - Vigo perto de Pontevedra. Con este trazado, moi difícil facer Vigo- Ourense nunha media hora, a diferencia do que pasa con Santiago - Ourense, que xa se fai en media hora. A liña actual, polo Miño, moi sinuosa, non admite moitas milloras. Se se fixera a chamada saída sur de Vigo ( Vigo - Porriño ) os resultados non serían moi diferentes en tempo que ca vía por Cerdedo.