O futuro é de Adrián Ben

O atleta viveirense corre os 1.500 metros lisos en 3:40.72, novo récord galego júnior e a mellor marca europea deste ano na categoría. O lucense ten xa as mínimas para o Europeo júnior de xullo en Grosseto (Italia) en 800 e 1.500.

Por gcdeportes | Lugo | 15/06/2017 | Actualizada ás 08:40

Comparte esta noticia

A progresión de Adrián Ben non ten límites. O atleta viveirense continúa, en cada aparición, mellorando os seus rexistros con tan só 18 anos. Desta volta foi nos 1500 metros lisos. O galego participaba este mércores no meeting iberoamericano de Huelva e quedou quinto na serie B, entrando en meta cun tempo de 3:40.72. É un novo récord galego e que lle serve para acadar a mellor marca europea do ano na categoría.

O vivairense Adrián Ben, tras unha proba en Madrid.
O vivairense Adrián Ben, tras unha proba en Madrid. | Fonte: @MitinAtletismo

Ademáis, trátase dun dos mellores rexistros españois en idade júnior de tódolos tempos, categoría na que Reyes Estévez ten o récord con 3.35.51 dende 1995.

A principios deste mes, no meeting internacional de Andújar, Adrián Ben bateu o récord galego júnior dos 800 metros e de paso acadou a marca mínima para estar no vindeiro Europeo júnior de Grosseto cun tempo de 1:40:00. Ten as mínimas para o Europeo en Italia (do 20 ao 23 de xullo) tanto en 800 coma en 1.500.

Adrián Ben, nado o 4 de agosto de 1998 en Viveiro e nas filas do FC Barcelona, ten ademáis os récord de España en pista cuberta en categoría júnior nos 800 metros (3:43.10) e nos 1500 (8:06.12). Campión de España júnior de 3.000 en pista cuberta e de 1.500 ao aire libre, o lucense está chamado a ser un dos grandes nomes do atletismo europeo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta