Temas: BALTAR OURENSE

Varias voces piden a dimisión do fiscal por "culpabilizar á víctima do caso Baltar"

Ourense en Común e BNG, indignados porque o fiscal xefe de Ourense, Florentino Delgado, quere acusar á muller que denunciou ao presidente da Deputación por “ofrecer sexo a cambio de traballo”.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 15/06/2017 | Actualizada ás 12:06

Comparte esta noticia

Ourense en Común manifestaba esta mañá a súa indignación tras saberse que o fiscal xefe de Ourense, Florentino Delgado, pretende sentar á denunciante no banco das acusadas, e solicita que “dimita inmediatamente”.

O fiscal xefe de Ourense, Florentino Delgado
O fiscal xefe de Ourense, Florentino Delgado | Fonte: s4net.com

Ledicia Piñeiro calificaba a situación como “gravísima” e entende que a actuación do fiscal está vencellada a un “movemento do entorno do clan Baltar, que exerce un abuso de poder para converter á víctima en verdugo baixo claros parámetros machistas e coa única pretensión de defender a ultranza ao presidente da Deputación” .

A edil de Ourense en Común considera que o máis grave é que o fiscal avance nun “contrasentido", contradecindo o auto da xuíza Eva Armesto, "que da por probada a agresión de Baltar desde a súa situación de poder, e no que queda claro que houbo situacións humillantes para a denunciante”, e insiste na necesidade de que o fiscal dimita por dar estes pasos “tan tremendos e vergoñentos contra todas as mulleres”. 

Temas: BALTAR OURENSE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 aA2c

Os cans sempre defenden os seus amos...

1 Nimbo

Ao final, o clan dos baltarone, tan ben tratado por certos medios de comunicación moi próximos, pretende facer crer que Baltar foi violado pola moza.