O BNG sobre o proceso catalán: “Galiza non pode ficar ausente no novo escenario político”

O Bloque Nacionalista Galego fai público un comunicado de apoio ao referendo independentista en Cataluña e acusa ao Goberno español dunha "escalada represiva".

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 15/06/2017 | Actualizada ás 13:16

Comparte esta noticia

A Executiva Nacional do BNG acordou facer público este xoves un comunicado de apoio á consulta vinculante que o Goberno catalán vén de convocar. No texto, a fronte nacionalista galega expresa a súa posición ante este novo escenario que se abre no Estado e no que, din, "Galiza non pode ficar ausente".  

Manifestación a favor da independencia en Cataluña.
Manifestación a favor da independencia en Cataluña.

O BNG considera "un principio fundamental e imprescindíbel" a consulta ao pobo nunha sociedade democrática, así como "un dereito clave para todas as nacións do mundo" a posibilidade da autodeterminación.

A fronte tamén lamenta a oposición do Goberno español a esta consulta e a "escalada represiva" que, segundo o BNG, se está a producir co enxuizamento de diversos cargos políticos cataláns.

Neste contexto, o BNG considera que "se abre un novo escenario político no Estado no que Galiza non pode estar ausente", xa que "o modelo do Estado das autonomías é un modelo fracaso e debemos dar pasos firmes para superalo, abrindo unha nova etapa que nos dote dun novo marco que permita mellorar a vida dos galegos e das galegas e progresar como pobo".

COMUNICADO DO BNG 

Ante o anuncio do presidente da Generalitat de Catalunya, da convocatoria dunha consulta vinculante para o vindeiro 1 de outubro, o Bloque Nacionalista Galego quere manifestar:

  1. Para o BNG, a posibilidade de expresar e materializar as distintas opinións políticas é un principio fundamental e imprescindíbel en calquera sociedade democrática, e a autodeterminación un dereito clave para todos as nacións do mundo, segundo o recoñecido –entre outras- na Declaración Internacional dos Dereitos Humanos e dos Pobos. Neste sentido, entendemos que nunha situación na que a maioría da sociedade catalá quere votar para decidir o seu futuro ningún demócrata se pode opor a que se lle consulte ao pobo e se acaten os resultados. En congruencia con este principio, o BNG apoia a celebración da consulta convocada polo Goberno da Generalitat para o vindeiro 1 de outubro en Cataluña. 
     
  2. Lamentamos que o Goberno español se negase en banda a acordar un referendo pactado e vinculante como se teñen realizado en Escocia ou no Quebec. As principais institucións catalás, así como diversas organizacións representativas da sociedade civil, intentaron todas as vías posíbeis para cumprir co mandato de consultar ao pobo de Catalunya a través dun referendo de autodeterminación acordado, efectivo e vinculante. Porén, o Goberno de Rajoy non só respondeu con reiteradas negativas e menosprezos ás institucións e á sociedade catalá, senón que desencadeou unha escalada represiva que pasou por riba de calquera hipotética separación de poderes e chegou até o enxuizamento de diversos cargos políticos, entre eles a presidenta e membros da Mesa do Parlamento, por autorizar votacións nesa cámara.
     
  3. O BNG reafirma e reitera a súa solidariedade coa sociedade catalá, coas forzas políticas que reclaman unha ruptura popular e un proceso constituínte, e coas institucións catalás atacadas e ameazadas polo Goberno español en base a nosa inquebrantábel defensa da democracia e o do dereito de todos os pobos do mundo a decidir libremente o seu futuro.
     
  4. Para o BNG, ábrese un novo escenario político no Estado no que Galiza non pode estar ausente. O modelo do Estado das autonomías é un modelo fracaso e debemos dar pasos firmes para superalo, abrindo unha nova etapa que nos dote dun novo marco que permita mellorar a vida dos galegos e das galegas e progresar como pobo. O BNG, sabendo que cada pobo ten as súas realidades e so seus propios ritmos, comprométese a traballar activamente para lograr que Galiza sexa tamén protagonista na superación do actual marco autonómico e na consecución dun novo estatus político para Galiza, baseado no exercicio de poder político real, soberanía que nos permita aos galegos e galegas decidir libremente o noso futuro e comezar a reverter as consecuencias políticas, económicas, sociais, culturais e lingüísticas negativas que tivo para o noso país.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 58 comentarios

4 Nexus 6

Lo de seguir ese camino lo decidirán los gallegos con sus votos, no Galicia...y menos aún Galiza. Según para qué cosas es mejor estar al margen de quienes, por ejemplo, cuestionaron en su parlamento regional, la Autovía del Cantábrico o la llegada del AVE a Galicia.

3 Dereito a decidir

O movemento nacionalista en Galicia é moi inferior ó de Catalunya onde é maioritario e ainda có handicap do freo de Podemos a representación do nacionalismo segue sendo moi forte, namentres En Galicia o movemento nacionalista está totalmente anulado por Podemos o non existir un apoio e unha base social tan ampla coma en Catalunyan polo que este comunicado do BNG queda fora de contexto, seguimos a anos luz de Euskal Herria e Catalunya por moito que nos amole e non queramos aceptar.

2 Valdeorras Nazón

Caretas fora. O que mola é o 3%. Moito aspirante a ser a Famiglia Pujol galega.

1 BNG cipaios

O BNG de sempre. A favor da independencia de todas as nacións, excepto da súa. Autonomismo con verniz "soberanista".