Temas: MONFORTE

Ruptura no BNG de Monforte de Lemos

Dos cinco concelleiros nacionalistas, só o responsable local seguirá militando na fronte.

Por E.P. | LUGO | 16/06/2017 | Actualizada ás 08:57

Comparte esta noticia

Catro do cinco edís do Bloque Nacionalista Galego de Monforte de Lemos (Lugo) deixaron o grupo municipal por "diferenzas" coa postura defendida polo Consello Local da formación nacionalista neste municipio.

Manifestación contra a reforma no Hotel Comercio
Manifestación contra a reforma no Hotel Comercio | Fonte: PP Monforte

En concreto, na mañá deste xoves pediron a baixa da militancia no BNG a que foi candidata á Alcaldía nas últimas eleccións municipais, Pilar López; a número dous da lista, Alicia Cadarso; así como a número tres, María Xosé Vega. Pola súa banda, aínda que concorreu como independente, tamén sae do grupo municipal o número cinco, Víctor López.

LIORTA POLA REFORMA DUN INMÓBEL

O principal punto de fricción entre os nacionalistas de Monforte está relacionado coa reforma do Hotel Comercio e o seu uso como sede do Consorcio de Turismo, así como de albergue do Camiño de Inverno. Así, mentres o Consello Local non comparte participar nunha protesta contra esta actuación, a que era portavoz no Consistorio así como os tres edís saíntes si apoian a convocatoria.

Precisamente, en declaracións a Europa Press, Pilar López asegurou que "entrou en política" e "formou parte dun grupo municipal coa cidade e o respecto dos cidadáns" como "principais obxectivos", "independentemente da cor política que cada un represente".

Con todo, considerou que estes principios "non son os que comparte" actualmente o BNG neste municipio. "Eu non coincido con eles nesta posición e non podo estar aí", manifestou.

Ademais, preguntada sobre se tanto ela como as outras tres persoas que abandonan o grupo deixarán a súa acta de edís, Pilar López explicou que "aínda non tomou esa decisión". "É un tema moi importante e temos que pensalo. Merece unha meditación seria e responsable para tomar unha decisión nos próximos días", apuntou.

REACCIÓN DO RESPONSABLE LOCAL

Pola súa banda, preguntado sobre a marcha deste catro edís, o responsable local do BNG e tamén concelleiro na corporación municipal, Emilio Sánchez, asegurou que "aínda non ten noticia algunha" sobre a decisión tomada polos seus compañeiros.

A pesar diso, recoñeceu que houbo diferenzas sobre a participación ou non do Bloque nunha manifestación en protesta pola rehabilitación deste hotel. Segundo indicou, "o Consello Local" do BNG non comparte participar nesta protesta na que si estarán os outros grupos da oposición, Esperta Monforte e o Partido Popular.

"Non compartimos participar nunha protesta con estes sectores", manifestou Emilio Sánchez, que sinalou que a postura das edís saíntes do grupo si era secundar esta marcha.

En Monforte goberna o PSOE con 7 edís. O PP ten 6 e Esperta Monforte 1. O BNG tiña 5, 4 deles pasarán ao grupo mixto. Segundo El Progreso, quen fora alcalde nacionalista da vila, Severino Rodríguez, está do lado dos que marchan. 

Temas: MONFORTE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 17 comentarios

11 RAMIRO DE YOLI

10 PedroC

Canto menos morralla dentro do Bloque, moito mellor. Unha preguntiña: os da foto son os do PP e os da Marea collidiños da man? Xa o dicía eu: Marea, PP, a mesma bosta é.

1 Balbino Fernández

Se o dixeras hai anos, meses ou días, até podías ser crible. Non sería por tempo ou por oportunidades! Agora xa foi! Onde estabas cando se destapaba o desastre do goberno e dos concelleiros do BNG de Monforte? Tapándolle o rabo! Agora as desculpas de mal perdedor só vos colocan aínda máis en evidencia: sabiadelo e tapastes! Sodes da mesma calaña que o PPSOE! O pior: cantas ratas seguides tapando no BNG? O que o fixo con uns, faino con todas!

2 crucificádevos

Eu o que vexo é: 1) Os que sairon do BNG a en Marea aínda non fixeron nada; pero se vai sabendo que 2/3 do tempo o pasan fora do concello donde gobernan. 2) Nunca dixeron ás claras cales eran as diferencias ideolóxicas co BNG ata que tiveron poder...nese momento Ferreiro aclarou que o problema era que él non era soberanista 3) O problema de se concordas ou non con TODO o que se di no partido é menor comparado co problema das divisións que levan a que gañe o PEOR, que é o PPsoe. 4) Levades 20 anos de liortas como pouco, e cada vez os galegos estamos peor. Este país vai á miseria coas vosas miserentas liortas.

9 Abrairas

E a Kollona de Lugo non nos comenta nada deste tema?

1 Balbino Fernández

Ver 6: AVER SI BOS HENTERADES. Lembra, a raposa é multinik. E moi medrosa, como lle corresponde como boa e disciplinada raposa.

8 Parada do Sil

As Mareas recollendo o lixo que solta o BNG non vai ir moi lonxe, alertamos. Pior o BNG en extinción, pasou décadas tapando as vergoñas do BNG de Monforte. Tragando e mesmo defendendo a Severino, Pepa, Pavón, Cadarso, Pilaras e López. Que se rúas a Fraga, presidindo procesións ultracatólicas, pantallas e homenaxes a La Roja, castelán en família como elemento a presumir en público, descarado incumprimento da Lei de Normalización, defensa acérrima de topónimos deturpados, palleiras convertidas en chalets, clientelismo como estilo de gobernar... E onde estaban os bloqueiros nestas tres lexislaturas? Tapando e Tragando! Agora xa é tarde demais, tarde piades: deberan expulsalos se non fose unha fronte corrupta, vanse por que non queren servir ao PSOE (descarado no caso de Monforte) como lles manda Ana Pontón (por certo, a nena mimada pola Pepa Vega Buján, aquí hai fio para quen queira entender).

7 agetas das targetas

(Letra de Lamatumbá SEVERINO MIRA Ó ESPELLO E XA NON LOITA OUTRO NENO QUE APRENDEU A OBEDECER QUE O FUTURO VIVE PRETO DA DERROTA GARDA GARDA GARDA QUE O QUE GARDA SEMPRE TEN E ALÍ QUEDOU ESQUECIDO POLO VENTO... Guten abend meine Damen und Herren: Ich habe hoite das vernügen ihnen eine Band ans galicien vorzustellen... sie heissen...LOS TAMARA! E ALÍ QUEDOU ESQUECIDO POLO VENTO... AÍ O VAI, AÍ O VAI, ¡VAI VAI!... A ONDE VAS SEVERINO? CAMBIACHE O SANGUE POR VIÑO... DE ONDE VES SEVERINO? AÍ O VAI, AÍ O VAI, ¡AI AI!... A ONDE VAS SEVERINO?