Temas: MONFORTE

Ruptura no BNG de Monforte de Lemos

Dos cinco concelleiros nacionalistas, só o responsable local seguirá militando na fronte.

Por E.P. | LUGO | 16/06/2017 | Actualizada ás 08:57

Comparte esta noticia

Catro do cinco edís do Bloque Nacionalista Galego de Monforte de Lemos (Lugo) deixaron o grupo municipal por "diferenzas" coa postura defendida polo Consello Local da formación nacionalista neste municipio.

Manifestación contra a reforma no Hotel Comercio
Manifestación contra a reforma no Hotel Comercio | Fonte: PP Monforte

En concreto, na mañá deste xoves pediron a baixa da militancia no BNG a que foi candidata á Alcaldía nas últimas eleccións municipais, Pilar López; a número dous da lista, Alicia Cadarso; así como a número tres, María Xosé Vega. Pola súa banda, aínda que concorreu como independente, tamén sae do grupo municipal o número cinco, Víctor López.

LIORTA POLA REFORMA DUN INMÓBEL

O principal punto de fricción entre os nacionalistas de Monforte está relacionado coa reforma do Hotel Comercio e o seu uso como sede do Consorcio de Turismo, así como de albergue do Camiño de Inverno. Así, mentres o Consello Local non comparte participar nunha protesta contra esta actuación, a que era portavoz no Consistorio así como os tres edís saíntes si apoian a convocatoria.

Precisamente, en declaracións a Europa Press, Pilar López asegurou que "entrou en política" e "formou parte dun grupo municipal coa cidade e o respecto dos cidadáns" como "principais obxectivos", "independentemente da cor política que cada un represente".

Con todo, considerou que estes principios "non son os que comparte" actualmente o BNG neste municipio. "Eu non coincido con eles nesta posición e non podo estar aí", manifestou.

Ademais, preguntada sobre se tanto ela como as outras tres persoas que abandonan o grupo deixarán a súa acta de edís, Pilar López explicou que "aínda non tomou esa decisión". "É un tema moi importante e temos que pensalo. Merece unha meditación seria e responsable para tomar unha decisión nos próximos días", apuntou.

REACCIÓN DO RESPONSABLE LOCAL

Pola súa banda, preguntado sobre a marcha deste catro edís, o responsable local do BNG e tamén concelleiro na corporación municipal, Emilio Sánchez, asegurou que "aínda non ten noticia algunha" sobre a decisión tomada polos seus compañeiros.

A pesar diso, recoñeceu que houbo diferenzas sobre a participación ou non do Bloque nunha manifestación en protesta pola rehabilitación deste hotel. Segundo indicou, "o Consello Local" do BNG non comparte participar nesta protesta na que si estarán os outros grupos da oposición, Esperta Monforte e o Partido Popular.

"Non compartimos participar nunha protesta con estes sectores", manifestou Emilio Sánchez, que sinalou que a postura das edís saíntes do grupo si era secundar esta marcha.

En Monforte goberna o PSOE con 7 edís. O PP ten 6 e Esperta Monforte 1. O BNG tiña 5, 4 deles pasarán ao grupo mixto. Segundo El Progreso, quen fora alcalde nacionalista da vila, Severino Rodríguez, está do lado dos que marchan. 

Temas: MONFORTE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 17 comentarios

6 AVER SI BOS HENTERADES

Non son os únicos que marchan, ollo, http://www.diariodearousa.com/artic...

5 comunista independentista

"La culpa te es de las Mareas".

4 agetas das targetas

Vanse os das rúas a Fraga que tanto criticou aquí o comunecio ndependentista español, vanse os dereitayos, vanse os do unto. vanse os das pantallas e fútbol a selección spam-ñolenta. Vanse uns que querían ir da man do PP as manifestacións, Vanse pero aínda queda merde dentro. A ver si os purgan de maneira preventiva.

1 Desfeita blocalla

Até que só quededes Pacorro, os trols e o apuntador.

3 Efixio

Vanse, pero os que temos uns cantos anos, sabemos que non se van por iso. Ou és ou non és. Monforte é unha mer...todo o mundo o sabe. Si en Lugo hai provincianos da posguerra cheos de prexuizos e fachísimas aínda que voten a quen voten, pois nin quero imaxinar Monforte. Iso ten que ser como retrotraerse 60 anos na historia. Non, non se van, polo que din. Vanse porque son pailáns ou provincianos da posguerra cheos de prexuizos, sen nengunha base política no seu haber. Que pintas en Monforte? Se é unha mer...Se dixéramos que hai 200 persoas que animan a vida dos seus habitantes con manifestacións como a de Santiago, pois bueno, non é para tirar foguetes, depois do que ten chovido, pero algo é algo. Pero istos que va. Istes son directamente pailáns ou de povo. Con máis prexuizos que Matusalén.

2 O que queda do Bng

@ últim@ que peche a porta.