Dous congresos afondarán na importancia das linguas románicas en Europa

O Atlas Linguarum Europea e o Atlas Linguistique Roman terán lugar a vindeira semana en Santiago de Compostela.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 16/06/2017 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

O Instituto da Lingua Galega e o Centro Ramón Piñeiro organizan o Atlas Linguarum Europea e o Atlas Linguistique Roman, dous congresos de investigación en humanidades que se desenvolverán na Facultade de Filoloxía  o vindeiro 20 de xuño e no Centro Ramón Piñeiro, o 21, 22 e 23, e nos que participarán 75 investigadores de varios países europeos. A súa finalidade é afondar no coñecemento da variedade lingüística existente no territorio europeo (ALE), e de maneira especial no territorio no que se falan linguas románicas (ALiR). 

Algunhas das linguas románicas faladas en Europa
Algunhas das linguas románicas faladas en Europa

O Atlas Linguarum Europae é un proxecto lanzado xa a comezos dos anos 70 co patrocinio da UNESCO,  coa finalidade de describir e representar cartograficamente a diversidade existente en todas as variedades lingüísticas  de Europa na actualidade. Este proxecto propiciou o desenvolvemento da metodoloxía motivacional, explotada por lingüístas como Mario Alinei, que levou ao descubrimento de primitivas unidades culturais que quedaron ocultas co devir histórico.

Por outra banda, o proxecto do Atlas Linguistique Roman foi promovido pola Universidade de Grenoble como unha necesidade xurdida dentro do Comité románico do Atlas Linguarum Europae de afondar no estudo da realidade dialectal do espazo románico europeo. Neste proxecto participan máis de trinta universidades e centros de investigación de todos os países europeos que teñen falas románicas no seu espazo territorial. Segundo apuntan os organizadores nun comunicado “o resultado material plásmase nun atlas interpretativo, en que cada mapa vai acompañado dun estudo realizado por un romanista a partir dos datos proporcionados polas sínteses románicas de cada comité nacional”.

Xuntanzas periódicas

Ambos os dous proxectos celebran reunións periódicas en distintos puntos de Europa, co fin de presentar e discutir cada mapa e comentario antes de seren publicados. No simposio do ALE do ano 2015 en Sofia (Bulgaria) decidiuse que o do ano 2017 se celebraría en Santiago, e no Congreso do ALiR do 2016 en Baia Mare (Romanía) acordouse facer coincidir o do 2017 co do ALE en Santiago.

Nestes proxectos existe un Comité Galego, que é o responsable de proporcionar todos os datos e os estudos pertinentes referidos á lingua galega. Ademais, no Centro Ramón Piñeiro estase desenvolvendo unha parte do proxecto ALiR, que é a Base de Datos do ALiR, á que se incorporan todos os datos proporcionados polos distintos comités románicos (mesmo aqueles que non aparecen cartografados e publicados) e que permitirá no futuro que a comunidade internacional explote estes datos e que cada investigador poida confeccionar mapas á carta, segundo os seus intereses.

Temas: GALEGO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 13 comentarios

5 ff4f4f4

O Miño é a fronteira máis antiga de Europa ,logo son linguas diferentes.

4 Dúas letras unha cor

Somos os únicos parvos que temos dúas letras distintas para a mesma cor. Prima o criterio político por enriba do filolóxico, e así nos vai...

1 teutonio

Realmente o "parvo" é quen fixo o mapa, se temos en conta as familias lingüísticas, debería haber menos cores, se falamos de linguas dentro dunha familia debería haber máis letras (pra aranés, romanche, friuliano ou mesmo valenciano)

3 nostrus

O mesmo que se pode facer un mapa de linguas tamen se pode facer un mapa de relixions,un mapa climático, un mapa de corrupcion ctr e seguro que haberá algun nacionalista que se identifique como membro desa nacion; tan só ten que ser desa relixion, que lle guste ese clima ou sexa corrupto.

2 Chapuzas

Para poñer o occitano diferente do catalán e non o galego diferente do portugués hai que ser parvo.

1 Entendido

Vese que estás moi entendido en filoloxía románica...

2 3Gs9

Hai máis diferencias entre galego e portugués que entre occitano e catalán.

3 Amancio

Hai máis diferenzas entre dialectos vascos que entre galego e portugues

1 Antiparvos

O que fixo o mapa ese é analfabeto funcional, en Galicia non falamos o mesmo que en Portugal.

1 teutonio

E ti que serás?, o mapa representa ás familias de linguas maiormente, aínda que emprega criterios absurdos, se utilizamos o criterio da oficialidade as linguas occitanas non deberían ser representadas, porén esquécese dalgunhas non oficiais como o arpitán en Francia (parte das linguas d´oil), representa ao francés alén do Rhin e o Mosela, cousa que nin tal e non inclúe as diferentes linguas faladas no norte de Italia (lombardo, véneto..) que non pertencen á mesma familia que as faladas no centro e sur (toscano, siciliano..), por non falar doutras máis pequenas e oficiais como o mirandés, o catalán en Algher, as poboacións que empregan o valaco, etc.

2 nostrus

Si te fijas bien, en el mapa se puede apreciar que el portugues y el gallego son diferentes, pero a la vez dicho mapa es muy ilustrativo para los naciotas y naciosos que circunscriben la nacion a la zona de influencia de una lengua. Si miras el mapa con detenimiento solo hace falta no ser sub-normal para darse cuenta de que en nada tiene que ver la existencia de una nacion con el uso de una lengua. A lo mejor es que los naciotas no son normales.

3 teutonio

Igual quen leva praí unha década a escribir estas parvadas nos medios dixitais galegos tampouco é normal... como tampouco é de persoas coherentes criticar que os naciotas ven todo en branco e negro e logo dicir simplezas como as deste comentario pra describir un colectivo de centos de miles de persoas...

4 Logic

Tes toda a razón. Pero hai mais fallos. Non falan igual os de Camariñas que os da Fonsagrada. Non falan igual os de Cádiz que os de Logroño. Non falan igual os santanderinos que os cordobeses. É un mapa moi pouco cientrífico.