A moción de censura ao PP

Quero comezar o articulo manifestando que apoie esta moción de censura, e que despois de todo o ocorrido e co resultado na man, sígoa apoiando. Unha cousa son os tempos políticos, ou a rendibilidade política que se poida obter dun acto, e outra é a honestidade e o fondo do porque se produce ese acto.

Por Carlos González Armada | Vigo | 16/06/2017

Comparte esta noticia
No caso da moción de censura ao PP tratábase de darlle un sinal á cidadanía de que algúns sabemos que existen os corruptos e que queremos botalos, e que outros só fan manifestacións para a galería, tratábase de que a xente da rúa saiba que non está soa ante a impunidade dunha clase política podrecida, de que saiban que hai quen loitará contra esa podredumbre, e sinceramente creo que ese sinal déuselle á xente, agora haberá que saber se a xente entendeuna ou non, e xa veremos se politicamente prexudica ou beneficia ao partido....para min o importante era a posición adoptada, e o descubrir caretas, aínda á conta de que a xente non entenda a acción e cústenos votos e escanos, esta vez hei de felicitar a Pablo Igrexas por acertar na acción executada
 
Que a moción de censura ía ser un fracaso en canto a aritmética xa era sabido, e os motivos dese fracaso aritmético debemos de tentar analizalos de forma imparcial, aínda que esteamos de acordo con ela, e aínda que creamos que Pablo acertou a expola, pero existe a posibilidade de que a realizásemos fora de tempo, que ese fracaso ía ocorrer esta baseado en varias cuestións. A primeira polas formas da proposta, recorremos ao Artigo 113 da Constitución máis centrados, posiblemente, nos tempos que nos marcaba a prensa que nos tempos políticos do noso país, tentando obter unha rendibilidade mediática desta moción, e esquecémonos dos que terían que ser socios naturais de apoio nesta moción, e polo tanto esquecemos de gañala, e en consecuencia esquecemos a xente
 
É certo que a operación Lezo acelerou un pouco todo o proceso pola urxencia da situación, que xa antes disto era grave, a aparición da plataforma ACTÚA con Baltasar Garzón e Llamazares pedindo publicamente desaloxar ao PP e unha moción de censura que fose apoiada por todos os partidos da esquerda, e a suposición de que seria Susana Diaz quen gañaría as primarias no PSOE, fixeron dar o paso, pero foi esa situación a que deixou en fóra de xogo ao PSOE, que estaba mergullado nun proceso de primarias, que supuxo que Pedro Sánchez saíse fortemente reforzado tras a súa suposta ruptura coa convivencia do Partido Socialista co Partido Popular, e que lle proporcionou unha escusa a Pedro Sanchez para negar o apoio a unha moción liderada por Pablo Igrexas.....xa que na devandita moción non existiu participación algunha do Partido Socialista, e iso supoñia perder a moción antes de comenzar o debate de ela
 
A pesar da grave situación institucional, que nas últimas semanas quedo máis evidenciada, pero da cal levamos xa padecendo longo tempo, o outro partido que dicía vir rexenerar a política e que nunca pactaría cun partido corrupto, Cidadáns, quedou en evidencia, e atópase nun caso parlamentario similar ao da historia do doutor Jekyll e o señor Hyde, que durante épocas funciona como un apéndice do PP, ou como bastón das políticas do PSOE en Andalucia, pero logo vai repartindo clases de moral, mesmo na cámara parlamentaria contra a corrupcion. 
 
A moción polo menos valeu, ademas de para dar un sinal á cidadanía, para quitar a careta de Albert Rivera e os seus, que xa non conseguirán enganar a ninguén máis, excepto aos aplaudidores, sanguijuelas, e trepas, que todo lles dará igual con tal de ocupar unha cadeira ou un pequeno cargo que lles faga sentirse importantes, ou gañar un diñeiro que doutra forma serían incapaces de gañar por si mesmos. Por desgraza teño que recoñecer que no noso partido tamén hai disto, sobre todo en Galicia, ou polo menos en Galicia é onde máis o coñezo, onde se fala alegremente de loita contra a corrupcion pero non se axuda a quen dentro do partido loita contra ela, e mesmo se lle denigra, pero iso é fariña doutro costal, e non toca agora
 
Volvendo á moción de censura debo dicir que o toque de atención de Podemos non pode ser un pulso ao goberno do Partido Popular, ten que ser unha chamada de atención á cidadanía sobre as posturas dos partidos en canto ao seu posicionamento contra a corrupcion. O PP debe de ser desaloxado do goberno de España por ser o partido político máis corrupto de Europa, pero o Partido Socialista, sobre todo en Andalucía e en Vigo non queda atrás, debe Pedro Sanchez, antes de atacar ao PP, facer limpeza dentro, e debe a cidadanía saber e ser consciente do que supón a corrupcion para o seu benestar do día a día, o que lles custa aos Andaluces e aos Vigueses ter a estes corruptos gobernando, do mesmo xeito que os que nos custa aos Españois en xeral ter gobernando ao PP e a Mariano Rajoy
 
Non existen discursos alternativos a quen hoxe tentan desaloxar á corrupción e á mentira do parlamento español, non existen discursos alternativos para ninguén que de verdade loite contra os corruptos, non se pode atacar ao PP de Galicia, e deixar ao carón ao alcalde mais corrupto da maior cidade de Galicia, Abel Caballero Alvarez, non se pode permitir que estes señores, Rajoy en España, Feijoo en Galicia, ou Abel Caballero en Vigo, continúen xestionando a vida política en España, de Galicia, ou de Vigo, e non se pode discernir entre uns corruptos ou outros, un corrupto é un corrupto e hai que desaloxalo
 
 A moción de censura, que Pablo Iglesias, nunha xogada arriscada, decidiu presentar nestes momentos, debe de supoñer un halo de luz na eterna mascarada política na que nos teñen inmersos titiriteros como os citados con anterioridade, e que falando de España comezaba a supoñer unha lexislatura, onde moitos de quen se di grandes inimigos, adoitan terminar compartindo sentido de voto nas decisións máis importantes. 
 
A moción de censura debe de ser un halo de esperanza para a cidadanía, debe de ser un farol que ilumine os pensamentos do pobo e que nos faga ver que non só hai que botar a Rajoy do Goberno de España. Senón tamén a Feijoo da Xunta de Galicia, a Susana Diaz da xunta de Andalucía, ou a Abel Caballero do concello de Vigo, ou a cualquier outro en cualquier reconcho da geografía nacional, todos os corruptos, nos perxudican, e perxudican a os nosos e a o pobo, os corruptos son corruptos, e ai que botalos 
 
A moción de censura debe de servir para que a cidadanía entenda que roubarnos non pode saírlles gratis, debe de facer entender ao pobo que estes señores están a enriquecerse mentres moita xente pasa penurias, debe de facernos ver dentro de nosas propias organizacións actos de persoas que vestidos de demócratas perseguen o mesmo que aos que queremos botar, debe de supoñer unha saída, ou polo menos o inicio dunha saída, dunha película de terror que viven día a día moitas persoas que indecentemente son maltratadas polas nosas institucións, que lles negan unha axuda necesaria mentres algúns dos nosos políticos, muitos por desgaraza, enriquécense roubándonos a todos e a todas.
 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA