Temas: METEOGALICIA

A onda de calor non remitirá até o luns

A primeira onda de calor do ano chega a Galicia coa entrada dunha masa de aire cálido que fará subir os termómetros ata o 40 graos durante o fin de semana en zonas do sur da comunidade e que provocará que nalgunhas zonas as mínimas non baixen dos 20 graos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/06/2017 | Actualizada ás 12:57

Comparte esta noticia

Así o sinalaron a Europa Press fontes de Meteogalicia, que explicaron que esta primeira onda de calor que chega a Galicia entra "dentro do normal no marco do anormal", xa que, segundo concretaron, no que vai de ano, 2017 é "seco e cálido".

Os termometros chegarán aos 40 graos.
Os termometros chegarán aos 40 graos. | Fonte: Europa Press

Ademais, apuntan que "quizais" esta primeira onda de calor do ano en Galicia chega "un pouco pronto", xa que en exercicios anteriores rexistráronse situacións similares nas primeiras semanas de xullo.

O PEOR DURANTE A FIN DE SEMANA

O peor en canto ao aumento das temperaturas espérase para o sábado e o domingo, xornadas nas que non se prevé apenas vento, polo que "se vai a recalentar a atmosfera" durante o "día e a noite".

Ata as primeiras horas da mañá deste venres, as temperaturas máximas desde o xoves situáronse nos 35,2 graos en Arnoia (Ourense) e 32 de Arbo (Pontevedra), mentres que en Ourense e Verín roldáronse os 32.

Alertas da AEMT para este venres
Alertas da AEMT para este venres

Polo seu lado, as temperaturas mínimas máis elevadas corresponderon a Vilardevós, con 17,3 graos, e zona do Porto de Vigo, con 17, mentres que en Valdeorras non baixaron dos 16,4.

NOITES CÁLIDAS

As noites do fin de semana espéranse cálidas, xa que en moitos puntos da Comunidade galega os termómetros non baixarán dos 18 graos, con mínimas en moitas zonas entre os 18 e 20 graos.

Aínda que as maiores subidas térmicas espéranse en zonas do Miño de Ourense e Pontevedra e interior de Galicia con valores de ata 40 graos, no litoral galego o tempo será tamén de "sol e calor" con temperaturas altas que nalgunhas zonas superarán os 34 graos.

A partir do luns, Meteogalicia apunta que comezarán a baixar as temperaturas "un pouco", ao comezar a "suavizarse" a intensidade da calor. No entanto, non se esperan frontes nin choivas a curto prazo, salvo as que poidan traer consigo posibles treboadas a próxima semana.

Alertas de Meteogalicia para este sábado
Alertas de Meteogalicia para este sábado
Temas: METEOGALICIA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta