Temas: RADIO ARZúA

O Concello de Arzúa convoca unha praza de xornalista na que esixe só o Ensino Secundario

O Colexio de Xornalistas denuncia que sexan as administracións públicas as que fomenten estas prácticas que "menosprezan" e van en contra desta profesión e do seu libre exercicio.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 16/06/2017 | Actualizada ás 13:49

Comparte esta noticia

A Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas (CPXG) rexeita a convocatoria por parte do Concello de Arzúa dunha oposición libre para a contratación laboral temporal dun auxiliar da radio municipal. Na bases da convocatoria só se esixe como requisito estar en posesión do graduado no Ensino Secundario Obrigatorio.

Paco González Sarria, novo decano do CPXG xunto ao saínte, Xosé Manuel Pereiro e o secretario, Darío Janeiro
Paco González Sarria, novo decano do CPXG xunto ao saínte, Xosé Manuel Pereiro e o secretario, Darío Janeiro | Fonte: CPXG

Tal e como consta na convocatoria pública, as funcións do posto serán as de control técnico durante a emisión da programación, colaboración na preparación da programación e colaboración na presentación dalgúns dos programas que se emitan. O Colexio de Xornalistas insiste en que este tipo de funcións non poden ser desenvolvidas por calquera senón que existe unha preparación específica, a dos estudos de xornalismo, que proporciona formación especializada no ámbito da elaboración, xestión e difusión da actividade informativa xornalística, nos seus diversos ámbitos temáticos e nos distintos medios de comunicación.

"O menosprezo que supón non requirir esta titulación, especialmente censurable ao se tratar dunha convocatoria feita desde a administración pública, afecta gravemente a aqueles profesionais que cursaron os estudos oficiais e que poden acreditar cun título universitario os coñecementos precisos para o desenvolvemento das tarefas do ámbito da comunicación", apunta nun comunicado. Así, suliña que os intereses persoais e profesionais dos xornalistas "constrínxense" ao ter que competir con persoas que non terían dereito a optar por ese determinado posto, ao non posuír a titulación necesaria para realizar esas actividades.

O requisito da titulación de xornalismo na convocatoria pública de prazas é unha vella demanda do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e ten denunciado os casos nos que isto ocorre, mesmo en instancias xudiciais. Recentemente asinou, xunto co resto de colexios de xornalistas do Estado, o Compromiso Público polo Emprego e a Profesión Xornalística, que reclama a creación de postos de estrutura claramente definidos para o desenvolvemento das funcións propias do xornalismo no ámbito da comunicación social e institucional e que para realizar estas funcións sexa en todo caso criterio de selección e acceso estar en posesión do título universitario correspondente en xornalismo.

O Colexio de Xornalistas convida ao Concello de Arzúa a "rectificar e corrixir a convocatoria" desta oposición libre para a contratación laboral temporal dun auxiliar da radio municipal, de maneira que se esixa a titulación correspondente ás tarefas a desenvolver, respectando así os dereitos dos profesionais que cursaron os estudos oficiais e poden acreditar os coñecementos necesarios para o posto.

Temas: RADIO ARZúA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

4 Beato1960

O mellor das bases é o abertiñas que as fixeron, para que así o cacique de García López poida dar outra praza máis a dedo ¿Terá o alcalde ou a tenente alcalde algún(ha) xornalista na familia? Estes, por certo, non son nin da UPG nin da Marea, son do colexio de monxas concertado que hai ao outro lado da rúa, que é de onde viña o alcalde e de onde veñen a maioría dos seus colaboradores.

1 Armando Clascón

Claro que si hombre, campeón, igualito que Andresito.... en Aquagest.. a no Viaqua disculpa y Pablito... en Nova Iorque, becado de excelencia y Alberte que fue pedir papa Xaquin para él a Alemania... amigho.... Xosé Luís non é o problema e as monxas de ali o lado tampouco..... .

3 Xabier Perde

Outra nova falcartuada dos mareant... digo da UPG. Villaratooooo!!!!

2 Loisin

Está está... pero no Galicia Confidencial omíteno

1 Xonc

Concello de Arzúa non está gobernado pola Marea??