Galicia, capital das linguas minoritarias do Estado

Santiago de Compostela acollerá a final de mes unhas xornadas sobre a situación das doce linguas minoritarias que se falan no Estado. A xuntanza está impulsada polo Consello de Europa e ten como unha das súas finalidades analizar o cumprimento da Carta Europea para as Linguas Rexionais ou Minoritarias.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 16/06/2017 | Actualizada ás 14:28

Comparte esta noticia

Amazige, árabe ceutí, aragonés, aranés, asturiano, caló, catalán (Aragón, Cataluña, Illas Baleares, Murcia e País Valencià), éuscaro (Navarra e País Vasco), fala, galego (Asturias, Galicia, Castela e León), leonés e portugués (Extremadura) son, por orde alfabético, as linguas rexionais ou minoritarias existentes en España. Representantes de todas e cada unha delas estarán presentes no "Foro de debate da Carta Europea para as Linguas Rexioniais ou Minoritarias" que o Consello da Cultura Galega organiza en colaboración co Consello de Europa. O encontro, que terá lugar os días 29 e 30 de xuño en Santiago, analiza o impacto do cumprimento da Carta en España cando se cumpren vinte e cinco anos da súa aprobación.

Fernando Ramallo, especialista en neofalantismo e membro do Comité de Expertos do Consello de Europa que se encarga de velar pola Carta Europea das Linguas Minoritarias
Fernando Ramallo, especialista en neofalantismo e membro do Comité de Expertos do Consello de Europa que se encarga de velar pola Carta Europea das Linguas Minoritarias

A principal finalidade deste evento consiste, segundo apunta o profesor da Universidade de Vigo e un dos organizadores, Fernando Ramallo, en abrir un espazo para a reflexión respecto do cumprimento dos compromisos adquiridos nos artigos 7 a 13 da Carta. "Os obxectivos son divulgar a Carta, coñecer as problemáticas, e os avances,  en voz non tanto das autoridades, que xa mandan os seus informes ao Consello de Europa, senón dos falantes, das asociacións", suliña en declaracións a Galicia Confidencial. Para tal fin acudirán expertos en diversas áreas de todo o Estado. Entre eles, e no apartado de comunicación, falará da situación galega o director de GC, Xurxo Salgado.

A Carta Europa para as Linguas Rexionais ou Minoritarias é o texto legal máis relevante para a protección e promoción das linguas minoritarias en Europa. En 2017 celébranse os vinte e cinco anos da súa aprobación, unha data que propicia este foro de debate no que se pretende facer unha avaliación das consecuencias deste documento. O encontro desenvólvese tamén con outra data relevante, como é a próxima presentación do quinto informe sobre o cumprimento da Carta que avalía o período comprendido entre os anos 2014 e 2016.

Alén do aniversario sinalado, o Foro ten lugar a poucos meses de que o Estado español remita ao Consello de Europa o seu quinto informe sobre o cumprimento da Carta para o período 2014-2016. Coa recepción dese quinto informe comezará o proceso de monitorización establecido na propia Carta. Por iso, desexamos que o Foro poida ser aproveitado na reflexión e na acción das políticas públicas a prol das linguas minoritarias.

Programa

Esta cita reunirá por primeira vez a máis dunha trintena de especialistas para ofrecer un estado da cuestión do panorama lingüístico a nivel estatal. Durante dous días exporase a situación tanto das linguas sen recoñecemento oficial como das que si o teñen. Dentro destas últimas analizarase a situación no ámbito educativo, nos medios de comunicación, na xustiza e as administración, nos servizos públicos. Ademais, prestarase atención ás linguas oficiais nas actividades e servizos culturais e na vida académica e social.

Mapa de linguas minoritarias da Carta Europea de Linguas Rexionais e Minoritarias
Mapa de linguas minoritarias da Carta Europea de Linguas Rexionais e Minoritarias | Fonte: UE

No programa tamén está previsto que se aborde a monitorización do cumprimento da Carta Europea para as linguas Rexionais ou Minoritarias, para o que estará presente o xefe da Secretaría da Carta, Sixto Molina. Antes das conclusións, responsables de institucións culturais como o Consello da Cultura Galega, o Instituto Ramón LLul e o Instituto Vasco Etxepare ofrecerán unha reflexión sobre estes asuntos desde o punto de vista de traballo destas entidades responsables de velar pola cultura galega, catalá e vasca.

Carta Europea para as Linguas Rexionais

En 1992, o Consello de Europa aproba a Carta Europa para as Linguas Rexionais ou Minoritarias, considerado o instrumento legal máis relevante para a protección e a promoción das linguas minoritarias en Europa. O tratado entrou en vigor en 1998, unha vez que foi ratificado por cinco estados.

Este 2017 celébranse 25 anos dende a súa aprobación. "É un período suficientemente extenso como para poder avaliar a súa repercusión e a súa actualidade", apunta Ramallo que destaca a pertinencia de que se faga este foro e que que o lugar escollido para iso sexa Galicia.

Temas: GALEGO CATALáN
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 15 comentarios

7 anonimo

Es mejor darse de baja de este invento, visto como degenera el asunto. No es obligatorio así que a darse de baja.

6 José Virgilio García Trabazo

A "fala" é galego. Asturiano e leonés son a mesma lingua.

1 Mañego galego

A fala é galego! Xa..leonés e asturiano son a mesma lingua como o son galego e portugués, pero hai matices, non si? Falar de linguas é case sempre un erro, pero ser unha autoridade no que é ou non é unha lingua clama ao ceo. Entre os moitas persoas que estudaron a fala, poucas, moi poucas din que é galego. Unha máis contigo! Beizón

5 Valdeorras Nazón

Seguimos co centralismo compostelán. Qué pasa co valdeorrés?

1 nostrus

Un saudo valdeorres, invitote a un cafe no bar do Felipe, no Leira

4 Berenguela

Boto en falta o touriñés,

3 nostrus

Es un mapa muy chapucero. por ejemplo en la Peninsula iberica deberia haber dos colores (portugues y español) y luego en la zona que abarca el gallego deberá haber rayas de otro color correspondiendo al gallego, en la zona del euskera tambien rayas de otro color correspondiente al euskera e igual en la zona del catalan y lo mismo en los demas paises. Este mapa esta hecho para uso y disfrute de los naciosos pareciendo distintas naciones. Igual hasta se lo creen.