Cerceda revivirá o aniversario da "República Galega"

Música e historia xúntanse o 27 de Xuño para rememorar o asalto ao concello de Santiago en 1931 e a efímera xunta de Alonso Ríos.

Por Galicia Confidencial | | 18/06/2010 | Actualizada ás 22:31

Comparte esta noticia

"Aló polo 27 de xuño de 1931, xusto un día antes das eleccións ás Cortes Constituintes da República Española, Campos Couceiro, Eduardo Ponte, Alonso Rios, etc., declararán que a solución para o problema galego non é a República Española senón a galega. No pleno municipal do día anterior, a proposta da creación inmediata dun Estado Galego á semellanza do que pasara en Cataluña fora posta sobre a mesa, e contaba co apoio dos obreiros composteláns. Ao rematar o mitin o concello compostelán é asaltado, dimitindo inmediantamente todas as autoridades, e sendo Alonso Ríos, que exercía practicamente como o presidente provisorio da Galiza, presidente da Xunta Revolucionaria da República Galega. Finalmente, a falta de seguimento da proclamación noutras comarcas, logrou o cese da Xunta Revolucionaria en poucas horas".

None

Así conta a historia a organización do acto de homenaxe a I República Galega que terá lugar este 27 de Xuño en Cerceda. Será a antiga estación de Queixas-Londoño, na parroquia cercedense de Xesteda, o lugar que lles servirá á Asociación Cultural Foucelhas, de Ordes, á Revoltaina Cultural da Beira de Bergantinhos da Laracha e á Asociación Cultural Lucerna de Cerceda de marco para a xornada festiva nha República independente.

Os organizadores prometen que o " 27 de xuño será un día cargado de simbolismo, no que as Asociacións organizadoras da Festa da República Galega tentarán transmitirlle a toda a xente que alí se achegue o sentimento de pertenza a un territorio perfectamente diferenciado e cunha historia de seu que foi escrita fundamentalmente polo movemento obreiro e campesiño".

Mais non será unicamente unha xornada reivindicativa, tamén haberá festa, e xa desde ben cedo. Ás 12 un pasacalles con gaiteiros encargarase de darlle a benvida aos que se acheguen á festa.

De seguido terá lugar un acto no que se explicará a conmemoración e os feitos daquel revolucionario ano de 1931. E coma en toda festa que se prece, tamén haberá sesión vermouth. Tras os primeiros bailes, a xente do Sindicato Labrego Galego organizará o xantar con produtos da zona e incluirá 1º e 2º prato, sobremesa e auga por só 12 euros.

E pola noitiña, a iso das 19:30 volverá de novo a música coas pandereteiras Bouba, da Pontraga, con Mini e Mero, do grupo A Quenlla, o Leo i Arremecághona e Xosé Constenla.

 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Foucelhas

Se podedes corregide a nova, nom é "Pablo Constenla" senom "Xosé Constenla". Obrigad@s e saúdos!

1 Eumesom

Avante a República Galega!