A quen e por canto multará o Goberno popular polo apoio a manifestación do Escárnio e Maldicer

Santiago Villanueva sinala que as denuncias aos manifestantes da marcha a favor do colectivo okupa estudaranse "de forma individualizada". Algúns dos sancionados poderían enfrontarse a multas superiores a de algúns traficantes de drogas.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 17/06/2017 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

Case 400 expedientes de sanción ás 116 persoas identificadas. Son os números que manexa a Policía para multar aos participantes na marcha que o pasado domingo percorreu as rúas de Santiago e que rematou coa toma simbólica dunha escola abandonada en Santiago e unha sentada pacífica. Na manifestación, convocada en apoio do peche do centro social do colectivo Escárnio e Maldizer, participaron varios centos de persoas.

Santiago Villanueva, delegado do Goberno en Galicia
Santiago Villanueva, delegado do Goberno en Galicia

Un número de sancións que diferentes grupos políticos, sobre todo En Marea e o BNG, consideran “abusivos” xa que, din, “non houbo ningún tipo de acción violenta” por parte das persoas que participaron nesa marcha. Por iso, desde algúns colectivos apuntan que Policía podería “extralimitarse” nas súas competencias e actuaría “cun afán vingativo”.

Precisamente, e tras filtrarse o elevado número de expedientes que tramita a Policía, o delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, suliñou que "se estudará de forma individualizada" cada unha desas denuncias. E matizou que esta análise se fará "a partir das identificacións" que fixo a Policía e, "sobre todo, a partir do atestado" que elaborasen as forzas da orde.

Con todo, informou de que ata a Subdelegación do Goberno na Coruña "aínda non chegou" ningunha das case 400 propostas de sanción administrativa que a Dirección Xeral da Policía dixo ter preparadas. Neste sentido, indicou que a análise de cada situación seguirá os procedementos que se seguen habitualmente. Así, haberá que esperar o nomeamento dun instrutor, que será o que analice cada unha das posibles denuncias "con todas as garantías legais", abundou o delegado do Goberno.

Multas máis elevadas que para traficantes

Aínda que se “estuden individualmente”, os sancionados enfróntanse a multas que van desde os 601 e os 30.000 euros, que son as mesmas para quen os que sexan multados por posesión ou tráfico de substancias ilegais. Por iso, e preguntado sobre isto, e ante a posibilidade que se sancione máis a quen participa nunha protesta que a un traficante de drogas,  Villanueva non quixo pronunciarse e apuntou á chegada das denuncias para poder valoralas e "ver as consecuencias".

Manifestación e Cargas Policiais en Santiago
Manifestación e Cargas Policiais en Santiago

As  116 persoas identificadas serán propostas para sanción por dúas faltas graves: por unha banda, desobediencia ou resistencia á autoridade e, por outro, "negarse a disolver reunións e manifestacións en lugares de tránsito público cando o ordenen as autoridades". As multas nestes casos oscilan entre os 601 e os 30.000 euros

Por outra banda os que foron identificados no interior das antigas instalacións do Colexio Peleteiro, sen uso na actualidade, enfróntanse a unha falta leve "por ocupación do inmoble", que podería supor unha multa de entre 100 e os 600 euros.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

1 Podemos Planeta CNI

Das leas mariscantes en Ferrol e Vilagarcía non ides publicar nada? Só falades de Monforte?

1 Coz=Sermóns

Upegalliño.... Vai ler o Sermóns Paliza ou La Voz de su amo, que para o caso, son iguais. Igual o Mejutiño xa está untado pola feixoada como o señorito coruñés.

2 LA RAZON = A NOVA

miren si o alcalducho cucurucho o golfiño merendiño e o "chivato" do Villanueva ten cara de gorilon sudamericano de "demócrata venezolano" IDE CORRENDO ANOVADOS DE PODREIROS E DEMAIS MISERIAS MORAIS A LER CORREDO A LA RAZON E O PAIS, ide a seguir facendo o xparvo e vendendo o país a podreiros (non creo que o pe$oe vaia a nada e mais co tema catalán, eleccions dentro de 2 anos ) O MARIJUANATO ESTA GOBERNANDO GRAZAS OS EMPANADOS DE PODREIROS SOBRE TODO DE WALDO DAS JONS PABLEIRAS!!!!!