Temas: INTERNET PEMES

As pemes galegas xa están preparadas para a era Internet

Crece ata o 24.5% as pemes que teñen estratexia de venda en liña, superando a media española. O 62% delas esperan incrementar as vendas en liña en 2017.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 18/06/2017 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

O comercio electrónico afiánzase como factor estratéxico para as pequenas e medianas empresas galegas. De feito, unha de cada catro pemes vende xa a través de internet. Ademais, a maior parte delas considera que os ingresos a través do e-commerce aumentaron durante 2016.

Mercando a través dun teléfono mobil
Mercando a través dun teléfono mobil

Esta é a principal conclusión que se desprende da segunda edición do estudo 'As pemes españolas no ámbito en liña', realizado por eBay, que analiza a situación deste tipo de empresas en relación ao comercio electrónico, así como a súa visión, coñecementos e actitude fronte á transformación dixital.

O estudo mostra unha tendencia positiva cara á dixitalización e o uso do e-commerce por parte das pemes de Galicia. Así, mentres en 2016 o 13,8% delas vendía a través de internet, na actualidade a cifra aumentou máis de 10 puntos ata o 24,5%. Estes datos mostran que Galicia se está incorporando con forza ao comercio electrónico superando a media española (23,7%). Ademais, os resultados mostran que os xerentes das pemes senten máis preparados para embarcarse no comercio electrónico.

O estudo de eBay mostra que as pemes galegas con estratexia de venda en liña aseguran ter unha boa evolución das súas vendas. O 32% delas din que as vendas a través de internet aumentaron. Con todo, esta cifra é case 20 puntos inferior á media española (51%). Doutra banda, as pequenas e medianas empresas de Galicia móstranse optimistas fronte ao futuro dixital, xa que en 2017 o 62% delas espera incrementar as vendas realizadas a través do e-commerce. Actualmente, as vendas en liña supoñen xa o 5.5% do volume do negocio, incluíndo tendas propias, tendas en marketplaces como eBay, plataformas de compra colectiva e app móbiles. Neste sentido, a tenda física continúa como principal canle de venda (71,6%), seguido da rede comercial (17%).

Temas: INTERNET PEMES
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta