Temas: PRISIóN A LAMA

Os cárceres galegos encabezan a listaxe de mortes non naturais no Estado

A Lama atópase no primeiro posto por suicidios e sobredoses de droga de todo o Estado. Teixeiro está no cuarto posto.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 19/06/2017 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

O Centro Penal de A Lama posúe o triste récord de ser a prisión do Estado na que máis mortes “non naturais” se teñen rexistrado. Alí morreron nos últimos dez anos 35 reos por causas “non naturais”. Ningún outro cárcere se achega a estas cifras, aínda que o penal de Teixeiro tamén se sitúa como o cuarto presidio con máis mortes “non naturais”.

Prisión de A Lama
Prisión de A Lama | Fonte: blogcarcelalama.blogspot.com

Na Lama, a maioría dos falecidos (24) foron vítimas dunha sobredose de drogas. O consumo excesivo de estupefacientes segue sendo o segundo motivo de morte nas prisións de España. En 2008, por exemplo, o cárcere da Lama tivo sete mortos por culpa das drogas. Nin ata entón, nin ata agora, nunca outro cárcere español tivo eses rexistros.

A terceira razón de morte nos cárceres españois é o suicidio.  Un total de 239 persoas encarceradas morreron así na última década, 78 delas no últimos tres anos  No cárcere da Lama foron 10 os presos que se suicidaron nos últimos anos. Unha cifra similar aos cárceres con máis mortes por esta causa.

170 reos mortos ao ano

Segundo datos do Goberno recolidos por El Boletin, en España morren de media 170 presos ao ano. Esa é a cifra de falecementos que rexistran os cárceres españois nos últimos 11 anos, onde morreron 1.970 presos en total. A maioría deles vítimas do que se considera como morte natural. Desde 2006, foron 968 presos os que pereceron por esta causa.

Ademais de A Lama, existen tamén outros cárceres onde se incrementaron as causas de mortes “non naturais”. Son os centros penais de Albolote (Granada), Valencia e Teixeiro. Precisamente, Teixeiro é a terceira prisión con máis mortes en España; 73 presos desde 2006.

Valencia

A prisión de Valencia foi a que máis mortes tivo sumando as naturais e non naturais nos últimos 11 anos. Desde 2006, foron 92 presos os que morreron alí, aínda que hai que ter en conta que dispón de case 400 celas máis que a da Lama. A Lama ten 976 celas, segundo información das Institucións Penais. Valencia, 1.329. E, con todo, e a pesar desa diferenza, no cárcere galego só faleceron 7 persoas menos que en Valencia. Un total de 85 presos falecidos na última década fronte aos 92 de Valencia.

Temas: PRISIóN A LAMA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta