Noriega, Ferreiro e Suárez reivindican a importancia do cambio no ecuador dos seus mandatos

Os alcaldes de Compostela, A Coruña e Ferrol chaman a continuar "coa alegría do primeiro día" nunha romaría a que non asistiu, precisamente, o líder de En Marea, Luís Villares.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 18/06/2017 | Actualizada ás 15:50

Comparte esta noticia

Os chamados alcaldes do cambio, Xulio Ferreiro (A Coruña) e Jorge Suárez (Ferrol) e Martiño Noriega (Santiago) sacaron peito este domingo nunha romaría organizada por Compostela Aberta para celebrar os dous anos do seu goberno. O acto, que tamén serviu para reivindicar a importancia das mareas nos gobernos municipais, non contou, sen embargo, coa presenza de quen lidera En Marea, Luís Villares, nin coa doutras mareas municipalistas que tamén teñen responsabilidade de goberno.

Noriega, Suárez e Ferreiro nun acto para reivindicar a importancia dos seus gobernos
Noriega, Suárez e Ferreiro nun acto para reivindicar a importancia dos seus gobernos | Fonte: EP

Ata a capital galega desprazáronse os rexedores de Ferrol e da Coruña que, xunto co alcalde compostelán, Martiño Noriega, exercendo como anfitrión, participaron nunha celebración que, como declarou este último, "serve para facer un exercicio de memoria" para "gañar o futuro". Os tres alcaldes “das cidades do cambio' atenderon aos medios antes do inicio da festa, na que tamén puido verse ao viceportavoz parlamentario de En Marea, Antón Sánchez. Luís Villares foi unha das ausencias aínda que, segundo Noriega, estaba convidado do mesmo xeito que "todo o espazo de ruptura".

"As celebracións serven para facer un exercicio de memoria, saber de onde vimos e gañar o futuro. Chegamos para quedarnos, non somos intrusos. Somos un movemento social irreversible", declarou o rexedor da capital galega, que remarcou que os gobernos das mareas teñen a obrigación de "exercer de cidade".

A Coruña, Ferrol e Santiago

Así, a preguntas dos medios, o rexedor herculino, Xulio Ferreiro, fixo balance sobre os seus dous primeiros anos á fronte de María Pita, que cre que foron "razoablemente positivos", xa que A Coruña deixou "de ser noticia por leas xudiciais ou por cuestións negativas".

Luís Villares
Luís Villares

Deste xeito, destacou que o emprego "crece" nunha cidade que recibe cada ano máis visitantes, o que axuda a situar A Coruña como un destino turístico "a nivel do Estado e máis aló". Ademais, mostrou a súa confianza en "pechar moitas das cousas que se foron abrindo" durante a primeira parte do mandato nos dous próximos anos.

Pola súa banda, o rexedor ferrolán, Jorge Suárez, logo dunha semana complicada na que a concelleira de Ferrol en Común Esther Leira expresou publicamente as súas desavinzas co alcalde; cualificou a situación política do consistorio como "épica" en lugar de "dramática".

No entanto, emprazou ao ámbito interno da marea ferrolá para debater as diferentes abertas entre os seus membros, á vez que fixo un chamamento a "facer fronte común" no concello departamental, unha cuestión "importantísima" no que debe incluírse a BNG e ao PSOE, a pesar de "todas as dificultades" que ten este último partido na cidade.

Preguntados sobre a nova etapa aberta no PSOE coa volta de Pedro Sánchez e a posibilidade de que isto poida supor un achegamento coas forzas rupturistas, Martiño Noriega mostrouse cauto aínda que cre que "todo parece indicar que se está conformando unha alternativa ao PP desde a pluralidade".

"Tanto as candidaturas municipalistas e cidadás tanto o espazo da marea non lle deu as costas a esa posibilidade e foron outros os que puxeron os problemas. O que nos toca é seguir traballando para que esa xanela de cambio siga ensanchando", apostilou.

En Marea

En canto á situación de En Marea a nivel da política autonómica, de novo Noriega expresou que se trata de "un espazo plural que se constrúe todos os días desde o espazo cidadán".

E é que, para o primeiro edil de Santiago, En Marea está baseado nun "capital" que "garante que o espazo estea en disposición dentro de dous anos de ir a unha segunda volta e asentar o cambio político do país".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 28 comentarios

7 agetas das targetas

Dous anos despois pódese dicir que o trio calamidade non defraudou as expectativas. VVan camiño de perder as alcaldías e o teñen ben merecido. O de Ferrol será recordado por fumar grelos na bañeira do despacho da alcaldía e polo seu aspecto pouco aseado. Nada fixo e ten paralizada a cidade. O da Coruña, tamén será recordado por outra patética imaxe, xogando coa tablet. Outro desastre de alcalde. Logo esta o golfiño merendiño, o alcalde okupa. Outro desastre total. Tres alcaldiños máis preocupados polas leas en Podemos que polo dia a dia das súas cidades.

1 Cari

Cari, recordas? Quin de Vicepresidente, Castrillo alcalde de Vigo, Xaime Bello alcalde de Ferrol, e tantxs outrxs do BNG, onde van? Cari, recordas? Quien sabe donde?

2 rebeldes para mudalo todo

Queda lejos aquel mayo, queda lejos Saint Denis, que lejos queda Jean Paul Sartre, muy lejos aquel París, sin embargo a veces pienso que al final todo dio igual: las ostias siguen cayendo sobre quien habla de más.

6 Sesees

Que o vaian disfrutando. Moito ruido e poucas noces

5 Figurante

Seica a Luis Villares non o deixaban subir falar deberon convídalo para ir aplaudir

4 os tres cantantes!!!

QUE SINVERGONZAS SON!!!! - o outro non conta para nada o ten posto nese sitio a xuntanza secreta de Waldo das jons EXPAÑA e -Vieiras EXPAÑA (N.O.), teñen todo afundido, o cambio, fochancas, corruptelas, Hierroles, expañolismos e capitalismo e incluso misas mareadas... o código ético de podreiros escrita en papel de limpar ... andan por ahí de comedia en comedia, o pobo esta queimado xa desta xente DOS PODREIROS, se xuntan entre eles... son a risa da Galiza enteira, o sabemos... e para colmo algún mandando polizonterias nazionais polas ruas para atizar... xa e hora de irse... xa é hora de marchar... FIXERON "MERDA"

3 PÁRTOME

A importancia será para os okupas. Na Coruña cando menos non fixeron nada, moito fume, moita pancarta, moita misa participativa cos veciños, moito deixarse ver no fútbol, na cervexaría de 4 camiños e moito marketing para venderse de coleguillas e pobretóns... Pero en conxunto, todo foi unha pouca m erda.

1 Fada-lobo

Por min coma se te presentas ti... Notase que xa nin tes argumentos mais alo das descualificacions. A ver citame tres medidas destes xa non progresistas se non propias... De todis xeitos o teu e meritorio... Cres algo do que escribes?

2 Fada-lobo

Vaites queria contestarlle ao caro Balbino. Desculpa.