Santalices: "Somos, posiblemente, o Parlamento máis eficiente de España"

O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, defendeu que a Cámara galega é, "posiblemente", a "máis eficiente de España". "Eficiente significa que somos o Parlamento que máis capacidade produtiva lexislativa ten con menor custo", explicou, xusto antes de precisar que se acaban de publicar os datos dos custos dos parlamentos en España e que o galego arroxa "os mellores datos".

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/06/2017 | Actualizada ás 19:18 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, defendeu que a Cámara galega é, "posiblemente", a "máis eficiente de España". "Eficiente significa que somos o Parlamento que máis capacidade produtiva lexislativa ten con menor custo", explicou, xusto antes de precisar que se acaban de publicar os datos dos custos dos parlamentos en España e que o galego arroxa "os mellores datos".

Miguel Santalices
Miguel Santalices | Fonte: Europa Press

"Nós somos o Parlamento que máis leis aprobou, o que máis horas de debate tivo na lexislatura pasada e imos camiño de selo tamén nesta", defendeu nunha entrevista en Radio Galega, para logo apuntar, no entanto, que a Cámara galega é a que "menos" lle "está custando".

A continuación, referiuse ao custo dun deputado no Parlamento galego: "Aquí, o custo dun deputado, tomando como referencia que o custo dun deputado sae de coller o orzamento total do Parlamento no que están incluídos 100 funcionarios, os gastos diarios, todo iso para que os deputados poidan facer o seu labor, arroxa un custo de 222.000 euros ao ano por deputado".

Neste sentido, fixo unha comparativa co Parlamento vasco, que ten, subliñou, o mesmo número de deputados que o galego. "O custo por parlamentario está en 422.000 euros", sinalou en relación ao Parlamento de Euskadi.

Así mesmo, Santalices valorou que se rebaixou o nivel de crispación con respecto á lexislatura pasada. No entanto, chamou aos deputados a evitar as descualificacións nos debates que manteñen a través das redes sociais. "Somos deputados as 24 horas do día", remarcou.

COMISIÓN DAS CAIXAS

Santalices anunciou resultados a curto prazo da comisión das caixas. "Haberá resultados en breve", asegurou, para logo, tras ser preguntado respecto diso, condicionar unha reforma do regulamento da Cámara a que exista consenso entre os grupos. "Neste caso prefiro que sexan os grupos os que formulen as súas peticións e, se hai consenso, non habería ningún problema a abordar unha reforma", manifestou.

Sobre a moción de censura de Podemos contra Mariano Rajoy, que finalmente non prosperou, defendeu que "nos parlamentos tamén hai que facer unha economía procesual": "Os parlamentos teñen uns custos que os pagan todos os cidadáns".

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 FeijonitasFracasados

Créollo ben: aprobar disparates fano a fume de carozo. Iso si, nin unha política impulsada polo gabineto feijonita funcionou. Decreto trilingüe: parvada anticonstitucional. Fracaso total. Etiquetaxe alimentar: servidume perante as multinacionais nun sector coma o galego, pequeno pero altamente tecnificado e especializado. Fracaso total.

1 FeijonitasFracasados

Política forestal: vedes o que aconteceu en Portugal esta finde. A mesma política impulsada pola Xunta feijonita. Fracaso total. Sanidade: fracaso total, co expoñente do Cunqueiro. Agro: o 60% das explotacións agrarias que pechan no reino de aspaña son galegas. Fracaso total. Acuicultura: fracaso total por incomparecencia e inutilidade manifesta. Alertas 112. No camiño de que? De ser un fracaso total, claro. Hai moito máis pero non quero aburrirvos. Se non votades feijonita xa o sabedes, e se o votades é que sacades tallada ou sodes de escaso entendemento, así que tanto dá que volo expliquen mil veces: contra os efectos da endogamia hai pouco remedio.