M. Ward tocará nunha adega da Ribeira Sacra

O compositor norteamericano, un dos mellores guitarristas da súa xeneración, é unha das estrelas dun novo festival, que terá lugar en Sober.

Por GC Tendencias | Monforte | 19/06/2017 | Actualizada ás 09:25

Comparte esta noticia

O Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra organiza o "17 Graos RibeiraSacra", primeira edición dun festival internacional de música. Terá lugar durante as xornadas do 28, 29 e 30 de xullo. No seu cartel destaca a presenza de M. Ward, un dos cantautores norteamericanos con máis sona e que alcanzou o éxito de público como parte do dúo She and Him.

M Ward
M Ward | Fonte: Briana (Breezy) Baldwin wikimedia

O autor de Transistor Radio actuará en concreto nas adegas Regina Viarium de Sober o día 29 de xullo a partir das 19 horas . As entradas para este concerto, e para o resto de citas, xa están a venda en Ataquilla.com dende 15 euros.

Ademais desta actuación haberá concertos no Parador de Monforte, no embarcadoiro de Doade ou nas bodegas, entre outros lugares senlleiros. 

Iván Ferreiro, Novedades Carminha, Os Amigos dos Músicos e Best Boy e o grupo de jazz Sumrrá, Germán Díaz, Virginia Maestro,   The Magic Numbers e The Wellgreen son outros nomes confirmados. O abono para todos os concertos é moi económico, só 36 euros.

Tags: #Música
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta