Por GC Tendencias | Vilamartín de Valdeorras | 20/06/2017 | Actualizada ás 12:06
Un xurado conformado por diferentes profesionais e presidido pola secretaria xerente do Consello Regulador, Alda Pérez, foi o encargado de elixir a proposta gañadora, da que é autor Víctor Miranda, de 39 anos e natural do Barco de Valdeorras.
A idea gráfica do cartel seleccionado outorga total protagonismo ao godello. Así, una copa medio chea de viño branco sobresae de entre unha botella silueteada sobre fondo negro. O autor da proposta gañadora, que traballa no ámbito do marketing e da publicidade, recibirá un premio de 600 euros. Un total de 50 traballos diferentes presentáronse ao concurso, unha cifra moi superior á de anos anteriores.
Xunto á secretaria xerente do Consello Regulador, conformaron o xurado a xornalista María Fernández, de Onda Cero Valdeorras; o tamén xornalista e responsable de comunicación do Consello Regulador, Felipe Vieira; o profesor Gabino Fariñas e un representante da cabeceira O Sil.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.