Temas: SANIDADE CIG

A CIG denuncia a discriminación da lingua galega na nova sede electrónica de MUFACE

O castelán aparece como única opción nunha nova web desprezando ás persoas usuarias de Galiza e outras nacións con lingua propia.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 19/06/2017 | Actualizada ás 17:03

Comparte esta noticia

A CIG presentou unha queixa formal pola discriminación que supón para o galego que a nova sede electrónica da entidade só estea en castelán.  Foi na última reunión do Consello Xeral de MUFACEO, onde o sindicato rexistrou un escrito no que solicitou que, sen dilación, se ditaran as oportunas instrucións para que as persoas usuarias da sede electrónica non só podan optar pola versión en galego das informacións que conteña a nova web senón que, ao tempo, poda descargar ou cumprimentar en liña os impresos en galego dos distintos servizos que se ofrecen.

Sede de Muface
Sede de Muface

MUFACE é a entidade que xestiona, entre outras, as prestacións sanitarias de todo o persoal encadrado no Réxime Especial do Funcionariado Civil do Estado, e no cal están incluído todo o profesorado galego coa excepción do persoal interino e outros vinculados ao réxime xeral. Igualmente está tamén incluído persoal de Correos, da Administración Central en Gali iz e da propia Administración Autonómica. “Estamos falando, por tanto, da negación dun dereito elemental para miles de persoas en Galiza, que se fai extensíbel tamén a outras linguas como o éuscaro ou o catalán nos seus respectivos países”, apunta o sindicato nun comunicado.

En resposta a súa demanda, o Director Xeral de MUFACE asegurou que a versión “noutras linguas diferentes do castelán” se habilitaría en breve e que sería mediante unha tradución automática dos contidos orixinalmente redactados en castelán sen revisión posterior, como xa está actualmente a web xeral da mutualidade. 

“Desde a CIG criticamos esta opción xa que somos conscientes dos innumerábeis erros que conteñen as web con traducións automáticas e instamos ao Ministerio de Facenda, do que depende MUFACE, a que publique todos os contidos con traducións oficiais”, engade. Por iso propúxoselle á Dirección Xeral  que fagan a proba de facer unha web orixinalmente en galego e con tradución automática en castelán. “Estamos ben certos de que, neste caso, non habería razóns económicas que valesen para prestar un servizo cun mínimo de calidade”, indicou.

Este sindicato insiste en que o galego ten que ter o mesmo recoñecemento que o castelán nunha administración estatal xa que, do contrario, di, “supón unha vulneración dos nosos dereitos lingüísticos”. 

Temas: SANIDADE CIG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 anonimo

A ver para cuándo vemos el español en ayuntamientos y Xunta. Los hispanófobos piden gallego en todo el país pero "olvidan" que el español está escondido en edificios oficiales en Galicia.

1 nostrus

O artigo 1 da Ciga dice : "A CIG exprésase en galego, que defende como único idioma oficial de Galiza e promove a súa completa normalización". A Constitucion española dice: "El castellano es la lengua española oficial del Estado. Todos los españoles tienen el deber de conocerla y el derecho a usarla". ¿Quien manda mas la Constitucion o la CIG?. La CIG se queja de que los demas no usan el gallego y ellos pretenden que el español deje de ser oficial en Galicia, porque la CIG se comporta como los defraudadores que quieren defraudar y a la vez exigen que los demas paguen sus impuestos. El nacionalismo y todos sus chiringuitos satélites estan enmerdados hasta las cejas.