Investigan un "disparo ao aire" sen danos efectuado durante un roubo na poboación de Milladoiro (A Coruña)

A Garda Civil investiga un "disparo ao aire", sen danos, efectuado durante un roubo rexistrado hai un mes na poboación de Milladoiro, no municipio coruñés de Ames.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/06/2017 | Actualizada ás 17:01 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Garda Civil investiga un "disparo ao aire", sen danos, efectuado durante un roubo rexistrado hai un mes na poboación de Milladoiro, no municipio coruñés de Ames.

Segundo informaron a Europa Press fontes do Instituto Armado, os feitos sucederon hai un mes aproximadamente cando axentes perseguían a uns individuos con motivo dun roubo nun establecemento hostaleiro.

As mesmas fontes aclararon que "se efectuou un disparo", pero non houbo danos persoais nin materiais. Por iso, en función do reglamente da Garda Civil, abriuse unha investigación para "saber a orixe do disparo".

Como se trata dunha investigación aberta en curso, por parte do Instituto Armado puntualizaron que non poden facilitar información sobre detalles ata que se aclaren os feitos.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta