O IES Ramón Menéndez Pidal da Coruña obtén o III Premio Inventa en Galego

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presidiu, no IES Ramón Menéndez Pidal da Coruña, a entrega do III Premio Inventa en Galego, que promove Igaciencia co apoio da Xunta de Galicia.

A CORUÑA | 19/06/2017 | Actualizada ás 20:16 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presidiu, no IES Ramón Menéndez Pidal da Coruña, a entrega do III Premio Inventa en Galego, que promove Igaciencia co apoio da Xunta de Galicia.

O galardón recaeu este ano na aplicación 'BiciCoruña', elaborada por alumnado de segundo de bacharelato do devandito centro educativo baixo a dirección da profesora Paz Freire Campo. O segundo premio foi para o conxunto de apps presentadas polos alumnos de primeiro bacharelato do IES Eduardo Blanco Amor de Culleredo.

Valentín García explicou que o certame Inventa en Galego ten como obxectivo impulsar a utilidade do galego "para desenvolver os proxectos tecnolóxicos". Ademais, destacou "a posibilidade de empregar a nosa lingua na resolución de problemas cotiáns a través das novas tecnoloxías".

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta