GC Aberto

O desgoberno dos herdeiros

A acentuada merma democrática que vive o país obedece ao excedido poder acaparado polo PP, que conferido ilexítimamente na Transición como herdeiros do franquismo, facilitoulles a utilización interesada do aparello do Estado ; unha improcedente prerrogativa que urxe deixar sen efecto.

Por galfon (http://galdo-fonte-xm.blogspot.com.es/) | GC ABERTO | 24/06/2017

Comparte esta noticia

O pasado 15 de Xuño, xusto un  día despois do axitado debate da Moción de Censura, cumpríronse  40 anos  da celebración das primeiras eleccións que  tras a ditadura de Franco, daban  inicio á Transición e que teoricamente abrían paso a unha  nova etapa política que poñía fin a continuidade do antigo réxime.

Pero que a xulgar polo estilo das políticas  de Goberno do Presidente  Rajoy,  como do extraviado proceder de infinidade  de membros  do PP e demais acenos identitarios da xente desa órbita,  todo vén confirmar  que a pesar do tempo transcorrido e dos aparentes flirteos  coa democracia, o protervo reflexo   do franquismo máis que estar extinto e ser  parte da historia segue mantendo plena actualidade. 

Aquel hipotético cambio  que nos conduciría  da Transición  á Democracia, foi un todo aparente, un obxectivo que nunca chegou a consumarse,  porque o que verdadeiramente se produciu foi unha voadura controlada do réxime anterior,  que non afectou de ningún xeito  á solidez da súa estrutura e moito menos causou a súa demolición; sendo  tal dedución perceptible ao profundar desde unha perspectiva histórica no procedemento seguido para a súa culminación.

Debendo terse por  presente para efectiva comprensión, que as pautas da Transición foron definidas e dirixidas en exclusiva por membros  da  maquinaria franquista, cuxos integrantes, en todo momento estableceron como condición imperativa para a súa tramitación o deber de asumir  unha  lei de punto final encuberto que impedise toda reacción á vulneración dos dereitos humanos durante a ditadura, tanto no referente a crimes perpetrados como sobre dereitos subtraidos, como así mesmo garantindo  a renuncia expresa a condenar o carácter totalitario dun réxime decrépito, aínda a sabendas  que  fose fraguado e rexido por empedernidos  golpistas.

Barreiras que marcaron  en se mesmo  as directivas  desa aparente   Transición, ás que a pesar da súa condición anacrónica, falseando a realidade os seus artífices adxudicáronlle  sinal de modélica, cando realmente fíxose favorecendo ás forzas ultra conservadoras, herdeiras do franquismo, quen ao tempo acreditaron  que nada cambiaría, coa finalidade,  de seguir mantendo o seu control unha vez logrado e seu “bautismo” e xa disfrazada de democracia.

En realidade con aquela parodia, para nada deuse a reconversión de franquistas a demócratas, que si, unha saída simulada á esixencia de cambio político do país instado desde o foro internacional, sucedendo que  o denominado  “franquismo sociolóxico de substitución”, tomou  a testemuña da vella garda, .mantendo  as súas formas e malos hábitos. Como veñen confirmar, os cada vez mais decadentes comportamentos e procedementos  promovidos en formato de corrupción  desde a filas  do PP como directos herdeiros.

Sendo o testemuño  dos feitos  quen  corrobora exactamente o que sucede  neste  país, e vén referendar  que  lonxe de gozar  de plenitude  democrática prosegue absorbido pola esencia continuista do réxime anterior, unha realidade marcadamente perceptible, especialmente no plano institucional, onde o actual Goberno conservador e o conxunto do establishment de acompañamento agrúpanse interesadamente na defensa concertada  do neofranquismo  como único modelo de organizar  a sociedade.

E todo, polas facilidades que a súa aberrante  aplicación reporta  á corrupción política  e a vantaxe que ao anticuado e reaccionario   capitalismo español prodúcelle a prolongación  da súa interminable secuencia.

O que aquí ocorreu desde o inicio da nunca consolidada Transición, foi que  os propios franquistas, estratexicamente, decidiron ofrecerse así mesmos unha alternativa democrática de gama baixa coa finalidade  de brindala á sociedade  en clave de reafirmación; coma se a mesma, fóra resultado da súa propia consecución, para que  así, sentíndose  protagonistas do proceso,  tras a súa planeada sedución aceptasen o post franquismo hoxe reconvertido a neoliberalismo como forma de goberno,para así,  acadar a renuncia explícita  ao dereito  de expresar plebiscitariamente a súa vontade .

Todo  un ensaio noxento  de como impoñer  a  pervivencia dunha ideoloxía ultra, destruíndo á vez  as bases sociais do progresismo coa anacrónica  colaboración dos seus propios cadros dirixentes.

O caos xerado  pola   crise  do 2007, e a incapacidade  mostrada para a súa recondución,  vén constatar  con mais fundamento se cabe o carácter inservible e expresamente  nocivo  do modelo político nado da Transición,  motivando con iso o seu obrigado recambio  á vista dunha  corrupción que lle asedia e do  carácter disfuncional de tal modelo para afrontar con éxito a complexa  e extrema  situación que sofre  o país.

Para sortear a súa complexidade sistémica , a este país, non lle queda mais remedio  que  mudar a actual configuración política,  e paso seguido, proceder á substitución do seu Goberno con xente de renovada condición,  ao non ser de recibo e resultar extremadamente  pernicioso para o interese xeral, que sexan os herdeiros do réxime franquista en comandita cos membros dun capitalismo anémico,  os que para o seu proveito sigan a ostentar  o control  do Estado ao tempo de  ter cautivo o presente e o futuro da cidadanía.

Teñen a palabra Podemos eo  renovado  PSOE; pois deles depende  que a política gubernamental manteña a súa continuidade ou  tome outro carisma

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta