Detidas nove persoas en varios puntos de Galicia vinculadas ao movemento ‘okupa’

A Policía Nacional detivo a varias persoas en relación ao desaloxo e tapiado do edificio ocupado en Santiago e as manifestacións en apoio ao colectivo Escárnio e Maldizer.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/06/2017 | Actualizada ás 13:54

Comparte esta noticia

A Policía Nacional detivo a nove persoas en relación aos feitos acontecidos relacionados co desaloxo e tapiado dun edificio ocupado en Santiago de Compostela a finais de maio e ás manifestacións posteriores en apoio ao colectivo Escárnio e Maldizer. Así o confirmaron fontes próximas á investigación, que puntualizaron que as detencións se produciron en varios puntos de Galicia nun operativo que segue aberto.

Incidentes na manifestación polo desaloxo da okupa Escarnio e Malidez
Incidentes na manifestación polo desaloxo da okupa Escarnio e Malidez | Fonte: galizacontrainfo

A Policía Nacional procedeu a analizar as imaxes de altercados no marco das investigacións abertas por mor dos feitos acontecidos na capital galega.

Estas detencións prodúcense despois da terceira manifestación celebrada en Santiago de Compostela o pasado 10 de xuño a raíz do desaloxo e tapiado do edificio okupado no centro histórico compostelán o 30 de maio.

INCIDENTES

En concreto, a marcha do sábado 10 de xuño contra o desaloxo do edificio okupado polo colectivo Escárnio e Maldizer saldouse con cargas policiais, dous detidos e centos de identificados despois de que parte dos manifestantes accedesen ao recinto onde se situou o Colexio Peleteiro, sen uso na actualidade.

Na mesma xornada do 30 de maio, cando a Policía desaloxou e procedeu ao tapiado dun centro social autoxestionado por orde xudicial, celebrouse unha mobilización que concluíu cunha detención e varias cargas policiais. A esta seguiulle unha manifestación ao día seguinte que finalizou sen incidentes.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

2 PRG

¿Glorioso Movimento okupa ou mais ben delincuentes okupas que violan as leis que defenden a propiedade privada? Esta xentalla é o que de xeito tradicional se denominaba indesexables, polos antecedentes policíais ou penais que tiñan, pola súa extracción dos mais baixos fondos sociais, polo seu carácter violento, etc. Xógase coas palabras. Okupar é moi flower power. En realidade trátase de asaltar e usufructuar unha propiedade privada sen permiso do seu dono. E como esta acción está castigada no Código Penal, son castigados para que non o volvan facer, para protexer á sociedade, e para que se vexa o que lle pasa a quen violan as leis que nos demos entre todos. Por aquello de que o respeito á lei e aos dereitos dos demais, tamén dos propietarios, son fundamento da paz social que estes queren turbar.

1 Gamela

eu non sabía que tiñamos leis para protexer aos especuladores ? 300.000 vivendas baleiras nas mans da SAREB que PAGAMOS TODAS !!! e tí dis que a Okupación é un delito penado polas leis...? Falas da lei do embudo? A parte ancha para os Bancos e a estreita para os inqulinos, non sí ?

2 PRG

¿Non te gusta que se cumpla a Lei que protexe a propiedade privada? Xunta votos e modificaa por vías civilizadas, non á brava. e a estes presuntos delincuentes non se lles acusa de asaltar e usufructuar o que non e seu. Acúsanos de danos en escaparates de comercios e caixeiros automáticos ¿Pero en que país vivimos? ¿Cómo non se van perseguir os delitos de danos? Hai anos, calquera día de folga xeral, grupos de maleantes informativos poñían silicona nas pechaduras dos comercios. Como todos mercamos o pan ou imos a un estanco, os comerciantes laiábanse e os seus clientes solidarizábanse con eles censurando á chusma. E se acabou o de poñer palillos ou silicona en pechaduras. Pois aquí o mesmo. Todos mercamos en comercios e cando un comerciante che conta que lle romperon os cristáis, toda a xente normal solidarizase con eles. Non me queiras facer pasar o mal por ben porque non trago, meu.

1 comunista independentista

Venezuela?