Medio Rural destina outros 230.000 € a propaganda mentres non hai cartos para loitar contra o lume

Convoca un concurso de 230.000 euros para a promoción da carne galega. Nas últimas semanas este departamento distribuiu ou distribuirá entre os grandes medios case 800.000 euros.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 20/06/2017 | Actualizada ás 14:25

Comparte esta noticia

A Consellería do Medio Rural volveu destinar 230.000 euros para realizar unha nova campaña publicitaria nos grandes medios de comunicación para promover o consumo dos produtos cárnicos de orixe galega durante o ano 2017. Un diñeiro que contrasta coas críticas dos sindicatos en Ourense que denuncian a este departamento por deixar “descuberto” o servizo de loita contra lumes na provincia.

A conselleiro de Medio Rural no Monte da Braxe
A conselleiro de Medio Rural no Monte da Braxe

Esta nova campaña de propaganda institucional chega logo doutras campañas ás que esta consellería destinou máis de 500.000 euros. Así, nas últimas semanas, e contando este último concurso, Medio Rural organizou varias campañas propagandísticas por valor de case 800.000 euros en publicidade. 

Estes concursos chegan en plena época de máxima alerta por incendios forestais e cunha protesta dos traballadores de extinción de incendios de Ourense que este mesmo martes se concentraron nesta cidade. Denuncian o desmantelamento" do servizo e para pedir que se cubra "o cento por cento do operativo" contra incendios na campaña de máximo risco. Así, aseguran que "a día de hoxe" na provincia de Ourense hai "máis de 80 prazas sen cubrir" dun persoal total de 400 persoas.

Nova campaña publicitaria

Nesta nova campaña publicitaria, Medio Rural  di que avoga por “favorecer a calidade e o valor engadido das producións agrícolas e gandeiras, tamén pola modernización das industrias agroalimentarias”. Así, lembra que, dentro destas industrias destaca o sector cárnico, que emprega a 9.000 persoas e factura preto dos 1.4000 millóns de euros anuais. “Un sector de referencia para Galicia que atravesa un momento de debilidade debido á baixa nas cotizacións dos produtos cárnicos, o exceso de produción e as dúbidas que xeran os riscos sanitarios sobre o consumo de carne procesada”, engade.

Carne da IXP de Ternera Gallega
Carne da IXP de Ternera Gallega

Por este motivo, esta consellería di que quere impulsar unha campaña para promocionar os produtos cárnicos de orixe galega (vacún, procino e carnes blancas -coello e aves de curral-), “a fin de fomentar o consumo e sensibilizar á poboación sobre a calidade dos produtos cárnicos galegos, que teñen un sabor único que se deriva da potenciación das razas autóctonas, a axeitada alimentación das reses e o coidado do gando”.

Outras campañas 

Nas útimas semanas, tamén este departamento destinou 149.769 euros para la Voz de Galicia. O diario de Santiago Rey recibirá este diñeiro a cambio da “elaboración, maquetación, publicación e divulgación dun suplemento de accións divulgativas e informativas relacionadas co desenvolvemento da produción agroalimentaria de Galicia”. É dicir, de producir un suplemento para informar de sectores que precisamente xestiona a Consellería de Medio Rural.

Para o resto de xornais en papel, Medio Rural repartiu 160.000 euros. Faro de Vigo leva 69.000 €, El Progreso de Lugo 24.000, La Región 23.000, El Correo Gallego 16.000, Diario de Pontevedra 10.000, La Opinión 8.000, Atlántico Diario 3.700, Diario de Ferrol 3.700 e Diario de Arousa 1.800. A cambio destas axudas, estes xornais teñen que realizar “accións divulgativas e informativas relacionadas co desenvolvemento da produción agroalimentaria de Galicia”.

Esta mesma consellería destinou hai unhas semanas 230.000 euros a promocionar o leite galego. Como en todas as convocatorias de propaganda institucional, La Voz de Galicia foi o medio que máis recibiu, 72.500 euros, seguida de Televisión de Galicia; 50.000 e Faro de Vigo; 31.800. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

4 Realista

Galicia Confidencial sois muy lamentables tratando de desprestigiar a los diarios como El Correo, La Voz o Faro día tras día. Medios de comunicación que llevan más de cien años haciendo una labor (mejor o peor) pero una labor informativa en Galicia de vital importancia. Y criticáis (entre otras) campañas de publicidad institucional que reciben estos medios, aún cuando generan y mantienen cientos de empleos, al contrario que vosotros que RECIBÍS TAMBIÉN campañas de la Diputación de la Coruña o el Concello de Santiago para emitir contra propaganda en un "blog" con apenas nóminas y personal cualificado en plantilla. Para criticar y echar piedras sobre el resto, os vendría bien miraros a vosotros mismos y tener un mínimo de decencia.

1 palhaço

ponte ti a decencia e cala a boca, decencia informativa do jornal anti-galego o porreoGayego e a Cozdegayicia e o paro de vigo. o porreioGalego e as suas arengas de nacionalismo espanhol... a nai cos p...

3 Destruição da Galiza

Não é só isso. Esses cartos tamén van para a promoção da lingua espanhola, porque todo o metreque vai ir em espanhol, que a Xunta não perde cacho e tem uma folha de ruta marcada.

2 Berenguela

Se estes cartos se tiveran empregado na prevención dos lumes en Portugal evitarianse os 64 mortos. O PP é responsable, por omisión, da traxedia portuguesa.

1 Balbino

Que animalada de despilfarro, pero os dereitosos que andan por aquí só Lles preocupa os dous pesos para a promoción da cultura galega e os demais andamos a tortas entre nos

1 Ogallá

Tes toda a razón. Ogallá chegue o día no que se aparquen a diferenzas, os carguiños, os purismos e demáis tonterías e se pelexe por Galicia, a súa identidade, a súa cultura, a súa soberanía