Temas: OKUPA EN MAREA

En Marea anuncia mobilizacións para denunciar a criminalización do colectivo okupa

A formación considera que o PP quere crear un clima de alarma.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 20/06/2017 | Actualizada ás 18:22

Comparte esta noticia

En Marea mobilizarase para denunciar a criminalización e as actuacións “brutais e antidemocráticas” contra os cidadáns e os colectivos que apoian o movemento okupa logo do acontecido tras as protestas polo peche dun local social en Santiago de Escárnio e Maldizer. 

Máis de 500 persoas na mobilización en apoio da okupa do Escarnio e Maldizer
Máis de 500 persoas na mobilización en apoio da okupa do Escarnio e Maldizer | Fonte: iria méndez

Así, e tras a detención de nove persoas vinculadas ás protestas das últimas semanas, En Marea suliña que respalda aos colectivos cidadáns que promoven o debate sobre a “necesaria utilidade social da propiedade, concepto por outra banda recollido non só no noso ordenamento xurídico senón en numerosos tratados internacionais”.

“Os que actúan de xeito incorrecto son os que pretenden criminalizar ideas, como as que defende o colectivo Escarnio e Maldizer; os que pretenderon crear un ambiente de alarma social contrario a que se puidesen exercitar os dereitos fundamentais de reunión ou manifestación; os que impiden informar libremente e amordazan á prensa, e os que se exceden no uso da forza poñendo en perigo a integridade física das persoas para protexer bens de menor valor”, indican nun comunicado.

Neste sentido, asegura que está contra a lei mordaza, a represión e as limitacións de dereitos. “Neste momento o PP só pretende criar unha cortina de fume para criminalizar unha manifestación que se celebrou sen ningún tipo de incidentes en algo que tape a súa trama de corrupción”, indica.

Temas: OKUPA EN MAREA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 11 comentarios

6 Blackat77

Que xogo tan antigo// o dos disfrazes meu amigo// Todo parece o que e// pero nada e o que e// arriba e enbaixo// e enbaixo arriba para o colgado// tras as sombras o decorado// ou as sombras de tras o decorado// todo tan ben pintado meu amigo// fanche ver no espello o inimigo// nin unha cantiga nin un agarimo// para aqueles que non bailaron na choiva// escarnio e maldizer// para todos aqueles que roubaron e son de bon ver// furon a por tantos que crianse inimigos// que a ti ,meu amigo// por ser o ultimo// nin cantiga nin agarimo// nin escarnio nin maldizer// pois non quedaba naide pra te defender//

5 Mareante manicomio

Crise en Podemos Galiza cunha dirección elixida polos críticos e non recoñecida por Santos. Carmen Santos critica que o proxecto de Podemos deriva cara un partido máis e reclama voltar ás oríxes. «A xestión de Podemos en Galicia non é transparente nin participativa» afirma. Intolerable acto de sabotaje realizado por Carmen Santos Queiruga contra su compañero de CCE y representante de nuestro Secretario General Pablo Iglesias en Galicia, Jose Garcia Buitron. Los errejonistas atacan a Santos por sus críticas y avivan la fractura en Podemos Galicia Ánxela Rodríguez reprueba a la dirección del partido. O sector pro-Pablo Iglesias de Podemos Galiza critica que Carmen Santos estea próxima a Beiras

4 Sesees

Vaia politicada barata

3 Xoncinho

Que se aclaren oh! O xuiz podemita de parte das forzas de seguridade do Estado Español http://www.sermosgaliza.gal/articul...

1 comunista independentista

Vaia, o Sermóns Mejuto! A información máis veraz e menos tendenciosa que se pode atopar! Todo un exemplo de imparcialidade, rigor e independencia informativa.

2 Marea de Cuñados

Ti no es moi espabilado verdade comunista capitalista. A ver non é unha opinión dun xornalista, é unha declaración o pé da letra. Que falas de veracidade???? ou de imparcialidade???

2 nostrus

Yo tambien estoy a favor del movimiento okupa cuando se dedican a ocupar locales de Marea o de simpatizantes de los okupas