Quedan en liberdade investigadas por atentado á autoridade dúas detidas na Coruña en relación con protestas okupas

Dúas mulleres detidas na Coruña en relación aos feitos ocorridos na primeira manifestación en protesta polo desaloxo e tapiado dun local okupado en Santiago de Compostela quedaron en liberdade investigadas por un delito de atentado contra a autoridade.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/06/2017 | Actualizada ás 20:16 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Dúas mulleres detidas na Coruña en relación aos feitos ocorridos na primeira manifestación en protesta polo desaloxo e tapiado dun local okupado en Santiago de Compostela quedaron en liberdade investigadas por un delito de atentado contra a autoridade.

Segundo informaron a Europa Press fontes xudiciais, tras pasar a disposición xudicial na Coruña, as dúas mulleres que foran arrestadas na cidade herculina quedaron en liberdade. Agora o caso será asumido polos xulgados de Santiago de Compostela.

Así mesmo, outras dúas persoas que foran detidas este martes en Ourense foron trasladadas á capital galega para que xa pasasen a disposición xudicial nos xulgados da cidade que levan o caso. Precisamente, en Santiago tamén comparecerán ante o xuíz o cinco persoas arrestadas na propia capital galega.

Pola súa banda, fontes policiais explicaron a Europa Press que as detencións están relacionadas coa protesta que tivo lugar o pasado 30 maio, xornada na que, segundo lembraron estas fontes, "varios policías! foron lesionados, rexistráronse desordes públicas e houbo danos ao mobiliario urbano.

A operación pola que este martes foron detidas nove persoas continúa aberta e desenvólvese en distintas cidades de Galicia, polo que as autoridades non descartan novas detencións.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta