Quedan en liberdade os nove detidos este martes en relación ás protestas okupas

As nove persoas detidas en relación aos feitos ocorridos na primeira manifestación en protesta polo desaloxo e tapiado dun local okupado en Santiago de Compostela quedaron en liberdade tras pasar a disposición xudicial na tarde deste martes.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/06/2017 | Actualizada ás 22:41 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

As nove persoas detidas en relación aos feitos ocorridos na primeira manifestación en protesta polo desaloxo e tapiado dun local okupado en Santiago de Compostela quedaron en liberdade tras pasar a disposición xudicial na tarde deste martes.

Segundo informaron a Europa Press fontes xudiciais, tras comparecer ante o xuíz na Coruña, as dúas mulleres detidas na cidade herculina quedaron en liberdade investigadas por un delito de atentado contra a autoridade. Agora o caso será asumido polos xulgados de Santiago de Compostela.

Pola súa banda, as sete persoas restantes, os dous detidos en Ourense e o cinco arrestados en Santiago, tamén quedaron en liberdade tras pasar a disposición xudicial no xulgado de instrución número tres da capital galega, que estaba en funcións de garda. A todos eles investígaselles por un delito contra a orde pública.

Fontes policiais explicaron a Europa Press que as detencións están relacionadas coa protesta que tivo lugar o pasado 30 maio, xornada na que, segundo lembraron estas fontes, "varios policías foron lesionados, rexistráronse desordes públicas e houbo danos ao mobiliario urbano".

A operación pola que este martes foron detidas nove persoas continúa aberta e desenvólvese en distintas cidades de Galicia, polo que as autoridades non descartan novas detencións.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta