Temas: FERROL MONFORTE

Ferrol en Común acorda retirar as competencias á edil crítica que non renunciará a súa acta

Denuncia que os estatutos desta formación non son conformes á actual lexislación. Tamén os catro edís que deixaron o BNG de Monforte continuarán coas súas actas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/06/2017 | Actualizada ás 22:02

Comparte esta noticia

Ferrol en Común, formación sobre a que recae o goberno municipal de Ferrol, instou ao alcalde da cidade, Jorge Suárez, a retirarlle as competencias de Obras, Vivenda, Rehabilitación e Medio Ambiente a edil crítica Esther Leira, á que tamén pedirán que renuncie á súa acta de concelleira e posibilite a chegada dun novo integrante á corporación ferrolá.

O alcalde de Ferrol, Jorge Suárez
O alcalde de Ferrol, Jorge Suárez

Esta decisión foi acordada con 35 votos a favor, tres abstencións e un voto en contra na asemblea celebrada por Ferrol en Común na tarde deste mércores no local de En Marea, situado na rúa Magdalena de Ferrol.

Precisamente, a edil acudiu ao comezo da asemblea pero, aos poucos minutos e tras pedir que se dese lectura aos estatutos do partido, decidiu abandonar a sala ante a negativa a lelos. E é que, segundo alegou, a asemblea non é valida dado que os estatutos non son conformes á actual lexislación.

Xa á saída do recinto e en declaracións aos medios, a concelleira volveu a trasladar aos medios que non ten intención de entregar a súa acta.

CAUSAS

A esta situación chegouse despois de que Leira decidise ausentarse o pasado venres, 16 de xuño, da votación dunha modificación de crédito nun pleno extraordinario, ao considerar que na mesma non se recollía unha partida de 300.000 euros que o rexedor se comprometeu a incluír con ela para substituír unha cuberta dun edificio do barrio de Recimil, de propiedade municipal.

Tras esta decisión, Leira acusou a Jorge Suárez de "liderar un goberno determinado, un staff, que toma unha serie de decisións" no que cre que ela é vista como "unha persoa molesta". Ademais, lamentou que tivese que "falar fóra", porque no seo do goberno non podía.

O pasado luns, Leira, incidía en que non aceptará "o peche en falso desta situación" e considerou que trata de "unha cuestión política de fondo" que "leva arrastrando desde hai máis de dous anos". "Mesmo de antes da chegada ao goberno", apuntou

Pola súa banda, o alcalde de Ferrol, Jorge Suárez sempre mantivo que sería a asemblea de Ferrol en Común a que tomaría unha decisión "colectiva" sobre as medidas a tomar.

Continúan os catro edís que abandonaron o BNG de Monforte

Por outra banda, os catro edís de Monforte de Lemos (Lugo) que deixaron o Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego a pasada semana decidiron continuar coas súas actas, segundo confirmou a Europa Press a que foi candidata á Alcaldía pola formación nacionalista Pilar López.

En concreto, ademais da propia Pilar López, os concelleiros que continuarán coas actas coas que se fixeron nos pasados comicios municipais, aos que concorreron baixo as siglas do BNG, son Alicia Cadarso, María Xosé Veiga e o independente Víctor López.

A xa exmilitante do Bloque explicou que tanto ela como o seu tres compañeiros tomaron esta decisión ao considerar "a importancia que teñen as persoas nas eleccións" a nivel local e despois de "escoitar as opinións dos veciños". "Foron moitas as persoas que estes días nos chamaron para dicirnos que tiñamos que estar aí", manifestou.

Temas: FERROL MONFORTE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 13 comentarios

5 Desolador

Así que Ferrol en Común son vintepouco persoas. E en privado todas recoñecen que o batacazo nas municipais vai ser histórico, superando o que levou Procesiones despois dos seus anos de desgoberno con remodelacions de despacho e subidas de salario. As competencias que lle quiten a estas que llas dean ás dúas do soe que mantiveron no goberno.

1 O que queda do Bng

E con "vintepouco persoas" como é que sacan máis votos que o Bng? Eh?

4 Manicomio mareante

El alcalde de Ferrol acepta como Kichi el encargo a Navantia para Arabia Saudí. Carlos del Río, presidente de FErrol en común manifestó que Podemos se ha convertido en un «parque infantil» y en «frenopático de esquizofrénicos». Yolanda Díaz: "Ojalá haya más fotos del alcalde fumando en la bañera. Leira cualifica de "parranda" o goberno de Ferrol, ao que pertence, e acusa a Yolanda Díaz de "esnaquizar" a esquerda."En Marea no es Podemos. Si no tenemos grupo será un fraude de ley- olanda Díaz y Ruben Pérez son los encargados de fagocitar a IU Galicia desde dentro. Anton Gómez Reino (TONE), y Angela Rodríguez (PAM), hacen lo propio con Podemos Galicia, y Martiño Noriega y los suyos traicionan a Beiras con la fuerza que les da la alcaldía de Santiago

3 Fada-lobo empoderada

E nun exemplo de rigor, vós xuntades dous casos que pouco teñen en común. Os de Monforte fóronse, sen por certo dar moitas explicacións e agora seica participan en actos en común co PP e a confluencia/sinerxia local das Mareas (ai, non, que non son da Marea, só coinciden). A Esther Leira veñen de a expulsar por ter a valentía e a coraxe de expoñer as súas críticas ao alcalde do recambio en Ferrol. Xa se ve o gran respecto que teñen estes cos críticos... Que mesturedes os dous temas é xa o colmo da falta de rigor e non vou seguir. A ver se un día falades dos feitos coma son e lle chamades ás purgas, purgas. E non mesturedes a unha concelleira valente coas monfortinas que aínda non sabemos ao que andan ademais de a coincidir co PP. Ao mellor nolo poden aclarar elas. Por que vos fostes?

1 Mejuto Confidencial

Para "rigor", o teu e o dos teus camaradas do Sermóns Paliza, Kollona multinick.

2 Menudos iluminati

A ver amigo dalle un pouco máis os miolos home, facedes de Kollontai a foreira máis chea de razón que anda por aquí, cando menos argumenta e ainda que non teña a razón ou pense diferente existe coherencia no que escribe, de verdade que non tedes máis argumentos que as catro tonterías que pondes sempre, veña un esforciño anda que seguro que podedes. Inda por riba acusala de multinick coma se foses scotland yard jajajajajajaja xa o sabemos home non fai falta que o digas ti iluminado jajajajajajaajajaja

3 Menudos iluminati

Que si amiguiño iluminado, coñezo tanto a Kollontai como a min propia, por iso poido dicir que cobra do BNG pola dedicación. Nada de malo, permítelle ter máis tempo libre para comentar, e nós temos a oportunidade de ser guiados por unha sabia, nobre e ponderada militante da causa. Certo que defende, nada de malo, usando a lóxica do que interesa ao seu peto, o que manda o BNG e PSOE, e o esforzo é gratamente recompensado. E como argumenta tanto e ben, considerando as nulidades que ocupan cargos polo BNG, igual lle ofrecen algo, permite que me reserve... O que lle tedes é envexa jajajajajajajajaja cantos de vós fariades o mesmo por menos jajajajajajajajajajajajaja

4 Illuminati Illuminati

Aaaaah aaaaah jajajajajajajajajajaja, claro claro non caira niso, kollontai é unha gran periodista literaria que está a soldo do BNG para comentar neste foro anónimo para convencer os catro pailáns que gastamos o tempo nél, todo moi lóxico.

5 Parada do Sil

Kollona, ben pouca estima debes ter por ti propia cando precisas alabarte a ti mesma con diferentes nomes, ben pouco te deben querer na casa, triste condición a túa: a servir!

6 outro illuminati

JAJAJJAJAA Ti ainda es menos espabilado có outro

7 Fada-lobo empoderada

Perdoa, pero ti e eu cando nos coñecemos... Para min que te confundía la noche... Ademais de descualificacións machistas xa mentides sen rubor... Eu ben sei que la noche confunde moito aos seudoprogresistas galegos da esquerda caviar que nunca tiveron unha bóchega nas mans de traballar, pero é que xa dades pena máis que outra cousa. Ben sei que do que se trata é de ocultar a purga... Pero a ver, que coma xa vos dixeron cómpre esforzarse e deixar de ler tanto Mortadelo y Filemón... Pasádevos a Zipi y Zape a ver se vos vén algunha idea. Ai, que país e que xentiña... En fin.. Non sei: ide ao cine por exemplo. http://www.elconfidencial.com/cultu...

2 Eu mesmo

A tan cacarexada unidade popular, na que se inserirían Izquierda Unida, Anova, Podemos, independentes e tuti cuanti, son, nunha cidade de 70.000 habitantes coma Ferrol, 39 persoas???.

1 Gamela

seguimos cara á república independente da nosa casa ? IKEA ?