Feijóo non descarta que en Galicia aconteza unha catástrofe como a do incendio de Portugal

Recoñece que Xunta, concellos e deputacións “teñen que cumprir a lei” para manter as estradas limpas, pero defende que o operativo contraincendios do país é “un dos mellores do mundo”.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 22/06/2017 | Actualizada ás 15:04

Comparte esta noticia

“Non se pode descartar por completo que en situacións de extrema fatalidade teñamos algo parecido”. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, recoñecía o que outros membros do seu executivo intentaron evitar ao longo de toda a semana; confirmar que en Galicia tamén se pode repetir a traxedia que se vive estes días en Portugal cos incendios.

Incendio en Portugal
Incendio en Portugal | Fonte: TVI

En todo caso, o presidente da Xunta tamén quixo evitar alarmirmos e, ao tempo que dicía que iso tamén pode acontencer aquí, suliñou que Galicia conta “cun dos mellores dispostivios antiincendios” de Europa.  “Temos ferramentas loxísticas, persoal cualificado e protocolos de comunicación para cortar estradas cando algo así acontece”, indicou na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta.

Así, lembrou que Galicia contará en poucos días con 7.000 persoas para loitar contra os incendios forestais. “Creo que temos un dos mellores equipos de estinción de Europa e que poden facer fronte a unha media de 30 ou 40 incendios diarios”, suliñou. “E deses lumes, o 90% non superan a hectárea”, precisou para insistir na “profesinalidade” dos traballadores contra incendios.

Non obstatne, tamén recoñeceu que, a pesar de todos estes medios, “nada é suficiente” para evitar traxedias como as de Portugal. Por iso, insistiu en estar “vixiantes” e, especialmente, en “cumprir a lei” para evitar que as estradas se convertan en cemiterios no caso dun gran lume. 

“Cumprir a lei”

E neste punto tamén fixo autocrítica porque recoñeceu que nin concellos, nin deputacións, nin a propia Xunta limpa as estradas das súas competencias. Segundo a lei, calquera tipo de vexetación que se atope a dez metros dunha vía debe de ser rozada, e catro metros se se trata de frondosas. Unha responsabilidade que é, especialmente, das administracións públicas.

Se todos cumpliramos a lei non pasaría isto”, dixo en alusión a situacións como os graves lumes de Portugal. En todo caso, tamén insistiu en que en Galicia sería difícil que sucedera algo así porque “existen protocolos para cortar estradas en caso de incendios",

Con todo, Feijóo destacou a necesidade de que todas as administracións “traballen xuntas”. “Temos que cumprir a lei todos xuntos e tampouco pasa nada por dicirlle a un veciño que hai que cumprir a lei”, apuntou. Referíase á necesidade de limpar 50 metros de terreo naquelas fincas que están próximas a núcleos habitados. “E senón o fan os veciños, que o fagan os concellos e que logo lle pasen as facturas”, dixo ao indicar que xa hai alcaldes que están multando a veciños e notificando situacións de abandono de fincas próximas a núcleos de poboación.

O presidente galego tamén lembrou que Galicia posúe o 45% da masa forestal do Estado e que moitos dos incendios son “provocados”. Aquí tamén hai terrorismo forestal porque moitos dos incendios comezan a partir das 21.30 cando xa non poden operar os medios aéreos”, queixouse ao tempo que fixo un chamamento aos galegos para que denuncien aos incendiarios. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

4 Arturo

N0n sabía eu que o lume fose un medio de control da xesta e do toxo picudo. Eso sería na edade de pedra, pero non hoxe. Os pirómanos non provocan incendios de noite, con catro focos e en días de sequía para " controlar" precisamente a xesta e o toxo picudo, vaise directamente a facer dano. Hai xente que non quere asumir que os pirómanos son uns desgraciados , e tenta xustificalos con argumentos de neno. O que sexa menos recoñecer que os pirómanos son unhas bestas malnacidas.

1 ESTAMOS VENDIDOS POLO PP

ti claro que non sabes... so inorante, incluso na franza fan queimas inscritas, e claro que a metade dos luMes son pola noite, os pirómanos non son uns desgraciados e como tal son moi poucos, enfermos mentais que disfrutan coas lapas e coa destrucción que provoca o lume, os pirómanos son moi poucos, outra cousa son os incendiarios, en cada pobo galego existe un incendiario, alcoolico, home, maior de 50, votante do pepeiro, cazador, violento, machista, etc,e unHa proxección un.ha descripción, os que son uns desgraciados son todos aqueles que saben quen anda nesas merdas, e calan a boca ante as forzas de seguridade... e existen 20.000 permisos para queimar no monte os rastroballos e 10 mil luMes provocados algúns incluso con permisos... ARTURO O ES DO PP O ES COMO TI DIS UN IGNORANTE.... SEÑORES O FRIJOLES DIXO QUE EL NON QUERIA SABER NADA DO TEMA... A CULPA E DA SOCIEDADE... DADEVOS POR FODIDOS...

3 alcolitos

2 peshtigo ano1870- 2000 mortos

non se entera de nada o lume de Portugal e un lume por causas naturais que se provoca nunha masa de eucaliptais trasladada de Australia a Portugal ... e como o lume que paso no 2009 en Australia (180 mortos) ... son lumes de orixe non antrópico onde o ser human meteuse por onde lle deu a gaña, pensando que non ia pasar tal cousa... isto non ten nada que ver cos 20 mil lumes que meten os galegos polo monte por diversas causas e principalmente para control da xesta e do TOXO o picudo... e grande mais de catro metros e si che da un abrazo morres cheo de buracos!!!

1 PPirado

pero quen esta manexando o facho asasino e piromaniaco