“República e ruptura”, lema de Anova para o Día da Patria

A formación política celebrará unha romaría popular o 25 de xullo en Compostela para facer balance do curso político e avanzar liñas de actuación dos próximos meses.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/06/2017 | Actualizada ás 19:17

Comparte esta noticia

Anova presenta "República e ruptura" como lema para o Día da Patria, nun 25 de xullo no que celebrará unha romaría popular en Santiago de Compostela para facer balance do curso político e avanzar liñas de actuación dos próximos meses.

Antón Sánchez e Xosé Manuel Beiras.
Antón Sánchez e Xosé Manuel Beiras.

Ademais desta cita, que estará encabezada polo portavoz nacional de Anova, Antón Sánchez (13,00 horas no parque de Galeras), haberá unha xornada previa, o 24 de xullo, para analizar a unidade popular e os procesos constituíntes, que terá lugar na Facultade de Filosofía de Compostela.

Alianzas políticas de Anova, así como forzas de esquerdas soberanistas e independentistas vascas e catalás debaterán sobre ideas como república, ruptura democrática e procesos constituíntes.

Antón Sánchez foi elixido portavoz nacional de Anova o pasado mes de marzo en substitución do histórico dirixente nacionalista Xosé Manuel Beiras e Martiño Noriega, quen deixou apartado o seu posto de coportavoz para centrarse na Alcaldía de Santiago.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 17 comentarios

11 Sieiro

Que carallo pinto eu no medio desta xente?

10 Xiana

E cando ides intervir na situación de Anova en Ferrol ?

9 EDUARDODXALMAPAIOSACO

Interesame o da facultade de filosofia pode ser moi interesante,nas guerras españolistas non creo xa outros nacionalistas pactaron,asi que a traballar

8 GALICIA

Lástima de xente, nunca se lles fixo tanto caso, se lles mostrou tanto respeto ou tiveron tanta influencia coma cando estaban dentro do BNG, agora andan a dar bandazos e a tragar có que se lles impoñen dende Madrid, ogalla se volva a unir o nacionalismo galego, e se non están dacordo coa corrente maioritaria do BNG só teñen que mudala de maneira asamblearia, estou ben seguro que se gañaran as teses dos escindidos no BNG o resto respetariano, non se pode ir de demócrata asambleario e cando se perde pinchar a pelota e machar.

1 comunista independentista

Ai pobre... Outro coitado bloqueiro que quedou atascado en 2012. Tiñan que montar unha asociación de axuda, tipo Érguete, para axudarlos a saír.

7 republicanismo de salon

seguidismo de podreiros son a delegación de podreiros en expaña.... cando o outro o Waldo das jons pableiras vai una e outra vez a axeonllarse diante do rei de expaña... cando podreiros xa non fala do tema nos mandriles, e todo un-ha parodia un engano, e decir que son o que non son... ademáis defenden a segunda merdenta republica que non lle deu nada a Galiza, eu lles digo morra expaña e vivía Rusia!.. sodes deputados do pior, nin oneges nin outras gaitas... SO FARSANTES!!!! SO FARSANTES!!!! (aquí esta a política do vello -vieiras)