Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 23/06/2017 | Actualizada ás 11:29
O Museo Virtual de KaleidoScape xa está en marcha. Trátase dun sistema web deseñado para que alumnos galegos de ensino secundario constrúan coñecemento sobre o patrimonio cultural de forma colaborativa e incrementábel.
O sistema utiliza CHARM (Cultural Heritage Abstract Reference Model) como marco conceptual e está aloxado polo Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit), do CSIC Galicia, como proxecto experimental.
A parte pública de KaleidoScape constitúe un museo virtual que exhibe os contidos creados por alumnos de 12 e 13 anos en relación ao patrimonio cultural da súa zona, incluíndo textos, imaxes, sons, vídeos, itinerarios e outros contidos.
A información se que ofrece é elaborada polos estudantes e se amosa tal cal sen supervisión profesional e os contidos son propiedade dos seus respectivos autores tal e como se declara ao pe de cada ítem.
Os principais responsables deste proxecto son Isabel Cobas, profesora de Xeografía e Historia do IES Plurilingüe de Ames, e César González Pérez, investigador en software e patrimonio cultural do Incipit.
O sitio web atópase en galego, castelán e inglés.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.