Temas: INTERNET BREXIT

Oportunidades de negocio no sector do xogo a través da Internet

O xogo en liña e as apostas a través da Internet seguen a mostrarse como un dos sectores económicos con máis pulo na economía da nosa contorna. As súas taxas de crecemento son únicas, a penas lastradas pola crise, pero unha gran interrogante pende sobre o sector debido ao Brexit.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 23/06/2017 | Actualizada ás 11:24

Comparte esta noticia

Así, segundo datos oficiais do último informe da Dirección Xeral de Ordenación do Xogo, dependente do Ministerio de Facenda e Función Pública, os depósitos nestas actividades alcanzaron os 120.000 millóns de euros durante o mes en marzo do presente ano. No exercicio de 2012, estes depósitos andaban só polos 30.000 millóns. É dicir, os depósitos  -termo que se refire ao que gastan os xogadores- aumentou aproximadamente un 400 por cento nos últimos cinco anos. As última taxa de crecemento interanual ronda o 24 por cento, aínda que hai importantes diferencias por subsectores.

Peñón de Gibraltar
Peñón de Gibraltar | Fonte: pixbay

De todas as actividades de xogo en liña, a máis importante é a das apostas -que varía bastante en función dos acontecementos deportivos de cada época-, seguido polo casino, que é o subsector que máis está a medrar con taxas superiores ao 30 por cento trimestral (para un exemplo dun portal deste pincha aquí). No Estado, a citada Dirección Xeral calcula no último informe trimestral que o número de usuario rexistrados activos neste sector supera os 603.000, cun incremento anual de máis do 10 por cento.

Como afectará a saída do Reino Unido ao sector?

Malia a solidez e crecemento desta industria, un dos factores a ter en conta antes de lanzarse a montar unha aventura empresarial neste eido é que a práctica totalidade dos competidores están domiciliados en Xibraltar. Isto permítelles unha gran avantaxa fiscal e, asemade, acceder a poder recrutar no mercado de traballo da Península. 

A importancia do xogo no Peñón é tal que o seu goberno autónomo dispón dun ministerio propio para regular esta actividade. Até o de hoxe, España e a Unión Europea non quixeron facer moito ruído con esta cuestión, pois ao fin e ao cabo benefícianse dos postos de traballo que crea esta industria global, que sen non operase dende Xibraltar abofé atoparía outro lugar próximo a Europa para facelo.

Agora ben, o asunto podería cambiar, e moito, co Brexit. Unha das primeiras cousas que transcendeu da postura comunitaria é que non se aceptará un trato de favor en ningún sentido con Xibraltar. É dicir, no Peñón as casas de apostas terán que operar como se foran extracomunitarias. Isto podería abrir, a súa vez, novas oportunidades de negocio aos que queiran operar dende o Estado.

Temas: INTERNET BREXIT
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Darío Domínguez

Buena información; el sector de los juegos online y las apuestas en Internet son un sector que no para de crecer año tras años, y por tanto, una gran fuente de ingresos. Empresas como Supercell, facturan cientos de millones de euros anualmente por juegos como Clash of Clans o Clash Royale; con las páginas de apuestas online ocurre exactamente igual. Os dejo un ejemplo de CoC, juego de estrategia que tiene millones de adeptos en todo el mundo http://clashofclansdownload.net/fhx-clash-of-clans-server-android-root/