Temas: PUBLICIDADE

Feixe de premios para a creatividade publicitaria galega

BAP&Conde, Anónimo Advertising, Nasas e quattro idcp suman nove galardóns nun dos principais certames publicitarios do Estado por traballos para R, Grupo Cuevas, Instituto Oceanográfico e Xunta, entre outros. Vídeos no interior.

Por Galicia Confidencial | Barcelona | 23/06/2017 | Actualizada ás 19:45

Comparte esta noticia

Galicia mantén o pulso firme na creatividade publicitaria. Na recente XI edición do Publifestival, o Festival Internacional de Publicidade Social, unha das citas máis importantes do sector, as axencias galegas apañaron un bo feixe de distincións. 

Nasas recibindo un premio no Publifestival de Barcelona
Nasas recibindo un premio no Publifestival de Barcelona | Fonte: nasassocialmedia.com

BAP&Conde, Anónimo Advertising, Nasas e quattro idcp conseguiron premios no certame organizado no Caixa Fórum de Barcelona. 

A axencia quattro idcp conseguiu varios premios: 

  • Mellor Deseño en Campaña Publicitaria Social. Campaña Máis Claro, Auga. Xunta de Galicia.
  • Mellor Uso da Mensaxe en Campaña Publicitaria Social. A saúde nun clic. Xunta de Galicia.
  • Mellor Uso da Mensaxe en Peza Gráfica Social. CREAR para R.
  • Mellor Mensaxe Social en Acción Viral Online. Bo nadal. Campaña corporativa da propia quattro idcp.

Anónimo Advertising gañou a categoría de “Mellor Campaña Social 360º por “100 años en Vigo, una vida en el mar’, polo centenario del Centro Oceanográfico de Vigo.

BAP&Conde conseguiu o Mellor deseño en Peza  Gráfica Exterior Social por “As mulleres, o máis grande de Galicia”, para a Xunta de Galicia con motivo do Día Internacional da Muller.

Nasas saíu coa Mellor Campaña Publicitaria de Relacións Públicas, pola campaña realizada para Cruz Vermella Española na Coruña, titulada “El Hombre de oro”.

Temas: PUBLICIDADE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta