O eucalipto é o principal responsable dos lumes en Portugal segundo unha tese da USC

A educación ambiental é fundamental para mellorar a prevencións dos lumes segundo apunta a investigación de doutoramento da lusa Almeida Colaço.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 23/06/2017 | Actualizada ás 17:52

Comparte esta noticia

Os lumes forestais son a principal ameaza para o desenvolvemento, rendibilidade e sustentabilidade das superficies forestais lusas. Así se constata na tese de doutoramento que vén de presentar na Facultade de Ciencias da Educación María da Conceiçâo Almeida Colaço baixo o título 'Bases para unha educación ambiental orientada cara a diminución do risco e o aumento da resilencia das comunidades aos incendios forestais en Portugal'. Uns ricos que atribúe á permanente elección de especies de ciclo curto como o eucalipto.

Eucaliptos ardendo nun incendio forestal
Eucaliptos ardendo nun incendio forestal

A orixe intencionada de boa parte dos incendios, ben por “accións criminais” o por “uso neglixente do lume” é outro dos aspectos que salienta esta investigadora como argumento que xustifica a utilidade dunha mellor educación ambiental da sociedade como mecanismo de prevención.

Neste senso, e logo de estudar o comportamento e a diferente percepción de risco sobre os incendios forestais de grupos de poboación vítimas de lumes, Almeida Colaço defende a necesidade de potenciar as accións educativas orientadas a este fin, pero tamén orientar este tipo de iniciativas cara outros grupos de poboación de áreas rurais. A implicación dos técnicos forestais como mediadores entre as situacións de risco por incendios, a xestión técnica forestal e a sensibilización da sociedade lusa.

Educación

Por iso, esta investigadora defende na súa tese de doutoramento unha maior aposta pola prevención para minimizar a pegada dos lumes, así como as perdas económicas e os dano ambiental que producen. 

Esta investigación de doutoramento pon de manifesto a necesidade de acadar un maior equilibrio entre as tarefas de prevención e as tarefas de loita ou extinción de lumes forestais, pero non só en termos de inversión ou financiamento, senón tamén en aspectos máis ligados á educación ambiental, sensibilización e visibilidade social e valoración ou estratexia política.  A tese foi dirixida polo profesor de Educación  Ambiental na USC Pablo Ángel Meira Cartea e por Manuel Cardoso Castro Rego, docente da Universidade de Lisboa, e está encadrada dentro da produción científica desenvolvida polo Grupo de Investigación en Pedagoxía Social e Educación Ambiental (Sepa) da USC.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 borracheira negra

eu coñecendo a zona xa o dixen fun o primeiro galego en decilo... o domingo as dez da maña xa estaba axitando as redes sociais xa estaba falando dos eucaliptos e das carateristicas do lume, señores en Australia no 2009 nun lume igualiño 180 mortos... de todolos xeitos si va repartir lereles non lles dean a esta xente de usc, mandemos a min que estou mais necesitado, esta xente da educación ambiental "a ferramenta" decían... a "ferramenta" que ia arranxar todo, pero son de educación social son de letras non son autenticos científicos non saben nada! si lles falas do maior lume forestal o de peshtigo en Wisconsin con 2.500 mortos non saben nin de que lles estas falando, dunha autentica tormenta de lume, con ventos de 150 quilómetros co lume, como un autentico vórtice atraendo o osixeno... arderon millons de hectáreas, un autentico lume maior cos de colima en Siberia, ou aquel outro do canada, ou o de yellostone